Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello instala os parques saúdables no Petelo e no Rosalía e ofrece un circuito para a realización de exercicio físico ao aire libre
13 Abril 2010 16:12
O Concello de Ares instalou esta mañá os parques biosaúdables de O Petelo (xunto ao Club de Remo) e o Rosalía de Castro (fronte o centro de saúde), que integrarán un circuito pensado para que os veciños e veciñas de Ares poidan realizar exercicio ao aire libre. Esta iniciativa, que noutros municipios está a ser moi ben recibida, vai dirixida a toda a cidadanía, se ben no colectivo dos maiores ten unha especial incidencia.
A actuación, que ascende a 10.997,75 euros, foi asumida na súa totalidade pola administración local, unha vez que as solicitudes de subvención remitidas á Xunta do Partido Popular foran denegadas. E é que, a pesares desta nova negativa e de que, sorprendentemente, si concedera 2.959,57 euros dos 3.699,47 que costara a preparación dos dous espazos para a instalación das máquinas, o grupo de goberno considerou importante para os aresáns ofrecer estes equipamentos, que poden axudar a mellorar a súa calidade de vida.
O circuito consta, pois, de dous parques con catro máquinas cada un. O parque marítimo será o nexo de unión destes espazos e nel instalaranse sinais da lonxitude do percorrido cada 200 metros.
O parque biosaúdable do Rosalía de Castro consta de catro máquinas que exercitarán o tren inferior do corpo, é dicir, estiramento de pernas, andador, bicicleta elíptica e táboa de surf, mentres que o de O Petelo ten outras tantas, aínda que neste caso dirixidas ao tren superior do corpo. Cadeira de estiramento, exercicio de cintura, roda hombrearos-brazos e dorsais II compoñen este parque situado xunto ao Club de Remo.
A instalación dos parques inclúe tamén a colocación de dous bancos de madeiras e papeleiras.
Ao mesmo tempo, o Concello iniciou a xestións para poder ofrecer durante os meses de verán os servizos de monitores que, nunha serie de días á semana, asesoren aos posibles usuarios deste circuito e, deste xeito, se lle poida sacar o máximo rendimento aos dous parques e ao trazado do propio circuito.
O seguinte obxectivo para o curto prazo pasa por instalar estes mesmos parques nas parroquias.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares