Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello realiza un levantamento topográfico para confirmar a superficie edificable na que pretende que se execute o Aulario de Infantil
07 Abril 2010 14:28
O goberno local vén de encargar a realización dun levantamento topográfico co obxectivo de coñecer a superficie exacta da parcela que os responsables municipais consideran axeitada para a construcción, por parte da Consellería de Educación, do Aulario de Infantil do CPI Conde de Fenosa. Unha vez que se teñan os datos concretos, que esta empresa independente entregará nos vindeiros días, o alcalde, Julio Iglesias, remitirá á Xunta o correspondente informe, agardando que a Goberno autonómico actúe en consecuencia.
O levantamento topográfico foi realizado na mañá de onte e o rexedor acudíu ao colexio para, por unha banda, informar á dirección do centro desta actuación e, por outra, para comprobar in situ a realización de ditas medicións.
Como se lembrará, a ampliación do Conde de Fenosa constitúe dende o inicio do presente mandato unha das principais demandas do grupo municipal, que acadara do anterior Goberno bipartito o compromiso de construir un novo aulario de Infantil, xa que é nesta etapa educativa na que se rexistran os principais problemas de espazo. De feito, nos orzamentos de 2009 había unha consignación de 100.000 euros para a realización do proxecto, que o novo Executivo autonómico do PP non executou e, a maiores, non destinou partida algunha para o presente exercicio. Para o goberno local, non existen excusas para a realización desta intervención, xa que, como insiste o alcalde socialista, a Consellería dispón da parcela anexa ao colexio, na que na actualidade estacionan os profesores, que pode acoller dito aulario. Ademais, a administración promoveu a modificación das normas subsidiarias para cualificar como dotacionais as parcelas colindantes.
“A construcción do aulario non pode esperar máis”, manifestou Julio Iglesias, que denunciou a situación “insostible” na que se atopan os nenos e nenas de Infantil, cunha aulas ubicadas nos sotos do inmoble e cunha serie de problemas, incluso de ventilación, que poñen en dúbida a habitabilidade das mesmas. Como subliñou, trátase dunha reivindicación de toda a comunidade educativa, incluidas as nais e pais dos pequenos, que lidera, e o seguirá a facer, o alcalde, como máximo responsable da administración local.
Precisamente para interesarse sobre estas cuestións, o goberno local acudíu á deputada do PSOE Beatriz Sestayo, que rexistrou unha iniciativa parlamentaria instando a Educación a redactar o proxecto e a iniciar ás obras con celeridade, dados os problemas que ten o centro escolar e a necesidade de que resolvan dun xeito inmediato.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares