Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello colabora na realización dun obradoiro e unha exposición contra o cambio climático
29 Marzo 2010 10:56
A Alianza Aresana acollerá o 29 de abril “SOStendo, obradoiros fronte o cambio climático”, unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente que conta coa colaboración do Concello de Ares, a través da área de Medio Ambiente. O obradoiro, dirixido a veciños e veciñas de catro anos en adiante –o perfil ideal son os membros de unidades familiares cun rol activo no seu fogar-, ten como principal obxectivo o de fomentar a participación da cidadanía no desenvolvemento de medidas efectivas para loitar contra os efectos do cambio climático e, ademais, contempla unha exposición nas mesmas instalacións municipais. Esta mostra, que permanecerá aberta ao público durante unha semana e que leva o título “Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción”, consta de 19 paneis sobre este tema, unha exposición-mural con consellos para actuar dun xeito individual contra este problema e dous sistemas interactivos-demostrativos de eficiencia na iluminación e de consumos ocultos e en espera.
As persoas que queiran participar neste obradoiro, que se desenvolverá en horario de tarde –o horario exacto aínda está por concretar- deben inscribirse previamente na biblioteca municipal, no seu horario habitual de apertura. O prazo remata o 23 de abril.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares