Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A pinza formada polo PP e o BNG non impide ao grupo de goberno sacar adiante os orzamentos
24 Marzo 2010 11:42
Un pleno extraordinario convocado para esta mañá aprobou os orzamentos municipais para 2010, o que supón que por terceiro ano consecutivo o grupo de goberno (PSOE) logra sacar adiante as contas, é dicir, o documento económico máis importante do Concello. Nesta ocasión, e a pesares da pinza formada polo PP e o BNG, que votaron en contra e sen facer proposta algunha ao documento, os socialistas acadaron o visto bo aos orzamentos, grazas á abstención de NAL e ao voto de calidade do rexedor.
As contan ascenden a 5.278.442,40 euros, o que supón unha rebaixa de máis do 9% con respecto ao documento do exercicio de 2009. Pero nin o chamamento á responsabilidade pola época da crise económica na que nos atopamos e que abrigan á austeridade nin as explicacións aportadas durante a sesión polo alcalde, Julio Iglesias, sobre diversos puntos especificados na proposta atoparon o entendemento dos dous grupos políticos, que se uniron para tratar de botar por terra o orzamento municipal.
Pero a pesares da negativa de populares e nacionalistas, as contas están aprobadas e, polo tanto, o seu rexeitamento non impedirá ao grupo de goberno poder levar a cabo algunhas actuacións básicas para os veciños e veciñas de Ares así como para mellorar a prestacións de servizos que se levan a cabo dende a administración local e que, á marxe da profunda crise económica, deben seguir desenvolvéndose con normalidade.
Así as cousas, destacan, no capítulo de investimentos (825.217,83 euros), os 250.000 euros que se destinan á ampliación do CPI Conde de Fenosa (adquisición do terreos necesarios), os 150.000 euros para a instalación de transformadores en dependencias da importancia da escola infantil e o centro de día –a primeira entrará en funcionamento dun xeito case inmediato, xa que unicamente resta a contratación de persoal, mentres que o segundo, cuxa obra foi entregada ao Consorcio o pasado mes de decembro, abrirá as súas portas este verán-, os 12.000 de aportación municipal para a colocación dun novo contenedor soterrado na avenida do Mazote –a Deputación achegará 27.976,23 euros para dita intervención-, ou a aportación tamén municipal para a execución da obra do POS, que consiste na ampliación de servizos e pavimentación na rúa María.
As contas tamén inclúen 100.000 euros para o asfaltado de diferentes camiños do municipio e que permitirán seguir coa política iniciada neste mandato para mellorar os viais do concello, 40.000 para a ampliación e reposición da rede de alumeado público e 15.000 euros para a posta en funcionamento, dentro do Plan de Transporte Metropolitano, de dúas liñas circulares de autobús entre Ares e Mugardos, entre outras, como os 30.000 euros que se adicarán ao mantemento de Santa Catalina e o seu entorno ou os 45.000 euros previstos para o equipamento da piscina e spa que compartirán este municipio co de Mugardos.
En canto á prestación de servizos, hai que subliñar os 210.000 euros que se adican á nova concesión do servizo de recollida de lixo, e que como novidade inlúe a limpeza viaria e de praias e os 170.000 euros para o contrato do servizo de axuda a domicilio, que se externalizou o ano pasado para mellorar as condicións do mesmo.
Polo tanto, e a pesares das limitacións propias da época na que nos atopamos, trátase dun documento que garante cuestións de grande calado para os socialistas, como os servizos sociais –ademais do servizo de axuda a domicilio destacan os 51.000 euros para o obradoiro de memoria ou os 15.000 para o programa Xantar na Casa, así como os convenios para a posta en funcionamento da escola infantil, 65.880 euros anuais, e do centro de día, 37.940 euros-, ou o mantemento das partidas da área de Cultura, que ascenden a 90.000 euros, contando a maiores con 27.000 euros para entidades culturais e festas e 30.000 para entidades deportivas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares