Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello porá en marcha un dispositivo de tráfico para os principais días de Semana Santa
22 Marzo 2010 13:34
O Concello de Ares, a través da súa Policía Local, porá en marcha un dispositivo especial de tráfico durante a Semana Santa, que neste municipio ten unha especial relevancia e afluencia de público.
Deste xeito, produciranse unha serie de restriccións no tráfico de vehículos así como prohibicións de estacionamiento nalgunhas rúas mentres se leven a cabo os diferentes actos litúrxicos nos días máis destacados da Semana Santa, é dicir, Domingo de Ramos, Vía Crucis do Martes Santo, Xoves Santo, Venres Santo, Sábado Santo e Domingo de Resurrección. Ademais, reforzarase a presenza dos axentes na vila para garantir o bo desenvolvemento das procesións e actos propios destas datas e a seguridade cidadá.
O Concello, que tamén editou un bando e repartirá polas vivendas das rúas afectadas e polos coches un díptico informativo, pide a todos os veciños e veciñas afectados por estas medidas que disculpen as posibles molestias, ao tempo que pide a súa colaboración para acadar un axeitado desenvolvemento dos actos relixiosos destas datas.
Así as cousas, o Domingo de Ramos prohibirase o estacionamento para toda clase de vehículos entre as 13.00 e as 18.30 horas –durante a procesión- no treito comprendido entre a rúa María (capela do Carme), avenida de Mugardos, rúa Real e praza da Igrexa.
O Martes Santo, cortarase o tráfico de vehículos e o estacionamento no tempo no se que celebre o Vía Crucis –entre as oito e as dez da noite- nas rúas pola que discurra, é dicir, a praza da Igrexa, rúa Real, María e cruce Médico José Luis.
Xa o xoves, e dado que se celebrarán dúas procesións, prohibirase a circulación rodada e o aparcamento ao paso das mesmas, sendo efectivas ditas medidas entre as 16.30 e as 00.00 horas. As rúas afectadas neste caso serán a praza da Igrexa, rúa Real e María (ata o cruce do “Tibu”).
O Venres Santo prohibirase a circulación de vehículos mentres se celebren as procesións, tanto pola mañá como pola tarde, e non se poderá estacionar na praza da Igrexa, rúa Real e rúa María (ata o cruce do “Tibu”). Nesta xornada, as restriccións prolongaranse durante case todo o día, entre as 09.00 e as 00.00 horas.
En canto ao sábado, de nove ás doce da noite non se poderá aparcar o estará prohibido o tránsito de vehículos a praza da Igrexa, mentres que o Domingo de Resurrección prohibirase a circulación rodada mentres se celebra a procesión. Neste caso si estará permitido o estacionamento, aínda que durante o paso da comitiva estará prohibida a incorporación á circulación dos vehículos aparcados entre as 11.00 e as 12.15 no tramo comprendido entre a igrexa parroquial, rúa Real, avenida de Mugardos, rúa Celso Emilio ferreiro e avenida Tucho Vilasánchez.
A Policía Local intensificará a súa presenza e o control para garantir o bo desenvolvemento dos actos relixiosos e a seguridade dos veciños e visitantes ao longo destes días festivos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares