Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O parque Rosalía acollerá na tarde do sábado a Festa do Samaín, que inclúe un grande magosto
07 Novembro 2007 12:04
Mañá sábado, día 10, a Concellaría de Cultura, que dirixe a socialista Ana Fernández Coira, celebrará unha espectacular festa do Samaín, que se desenvolverá no parque Rosalía e, no caso de choiva, no patio cuberto do colexio Conde de Fenosa. Esta actividade, que incluirá un magosto, conta coa colaboración da Asociación O Tilo e da Banda de Gaitas de Ares. Precisamente a primeira entidade sairá da súa sede ás 16.00 horas de mañá nunha carroza decorada especialmente para a ocasión e, despois de percorrer o pobo, rematará no parque Rosalía, dando inicio á festa popular.
Esta actividade, dirixida a todos os veciños do municipio, estará presentada e coordinada polo actor e contacontos César Martínez “Goldi”. Este artista ten unha ampla experiencia en todos os campos da actuación, tanto para rapaces como para adultos. Así, “Goldi” foi actor principal en diferentes series de televisión, como “Mareas vivas” ou “Un mundo de historias”; fixo papeis episódicos en series como “El Comisario”, “Cuéntame” ou “Pratos combinados”; e participou en películas como “Sei quen es” ou “Lena”, así como en curtametraxes, TV movies e en numerosas obras tetarais.
Ademais da castañada, unha das principais atraccións desta festa é a entrega de premios dos diferentes concursos convocados pola Concellaría de Cultura. No certame literario infantil “Ares, de medo”, concurriron un total de quince contos, mentres que ao gastronómico “Ares, qué rico”, presentáronse nove receitas. Estes pratos serán degustados polos asistentes, entre eles o xurado, que será o encargado de fallar o concurso e entregar os premios, que consisten nunha fin de semana completa nunha casa rural para dúas persoas en réxime de aloxamento e almorzo, para a receita gañadora, e dunha cea para dúas persoas no restaurante de Ares a escoller, para os dous finalistas.
No caso dos contos, os preseleccionados polo xurado serán lidos na festa do Samaín e, finalmente, procedarese á entrega dos premios. Éstes consisitirán nun DVD portátil, para o primeiro clasificado en cada unha das categorías –hai dúas, por idades-, e dun MP4 para os finalistas. Ademais, haberá un agasallo para todos os participantes.
A festa, que está previsto que conclúa sobre as dez da noite, finalizará cunha queimada. Unha vez finalizada, a carroza fará un novo percorrido pola vila, esta vez coas cabazas alumeadas.
A concelleira de Cultura, Ana Fernández Coira, anima aos veciños de todo o municipio a participar nestas actividades.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares