Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello organiza varias actividades para conmemorar o Día da Muller Traballadora
19 Febreiro 2010 14:36
A Concellaría de Servizos Sociais, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza un programa de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, que esta mesma mañá foi presentado aos grupos da oposición na comisión informativa da área que preside a concelleira socialista Victoria Montenegro.
O 8 de marzo, coincidindo coa celebración desta efemérides, terá lugar unha sesión de “Contacontos para a Igualdade”, dirixida a todos os cursos de Educación Infantil do CPI Conde de Fenosa. A actividade, que se desenvolverá no centro escolar en horario lectivo, será impartida pola ilustradora, contacontos e animadora á lectura Marisa Irimia.
Nesa mesma xornada tamén procederase á inauguración da exposición “De profesión, sus labores. Hasta la muerte”, unha mostra composta por 27 fotografías seleccionadas dos diferentes concursos promovidos polo Concello de Ares. A mostra, que estará aberta ao público ata o 29 de marzo na Alianza Aresana –o horario de visita será o habitual deste espazo municipal-, trata de recoller e recoñecer en imaxes o traballo desenvolvido polas mulleres.
Finalmente, e por terceiro ano consecutivo, o Concello de Ares organiza unha Cea-homenaxe ás mulleres, que terá lugar o 13 de marzo (sábado) no pavillón municipal. Para participar nesta actividade, que vai dirixida ás veciñas de Ares con idades comprendidas entre os 18 e os 64 anos, hai que inscribirse previamente nos Servizos Sociais do Concello. O prazo remata o vindeiro venres.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares