Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O grupo de goberno presentou en comisión o programa de actividades de Entroido
12 Febreiro 2010 06:50
O grupo de goberno presentou esta mañá, no marco dunha comisión informativa extraordinaria de Cultura, o programa de Entroido, que neste municipio ten os seus días centrais o domingo 14 e o mércores 17. De feito, o mércores de cinza é festivo local, tal e como acordou por unanimidade o pleno da corporación.
A festa comezará o 14 ás 17.15 co desfile das comparsas A Revolta, Troupele, Os nenos de Lola e Suricata, que farán o percorrido comprendido entre a Porta do Sol e a praza da Constitución. As comparsas irán acompañadas polas persoas disfrazadas que queiran participar nesta iniciativa.
Unha vez na praza da Constitución –en caso de choiva os actos serán no patio cuberto do CPI Conde de Fenosa-, terá lugar un concurso de disfraces –sobre as 18.30 horas-, dividida en dúas categorías, a infantil (ata 14 anos) e a de adultos. No primeiro dos casos, o gañador recibirá unha cámara dixital, mentres que no segundo o premio será un reprodutor de DVD. Os interesados en participar neste concurso deberán inscribirse ata o día 12 (venres) na Alianza Aresana.
A entrega dos agasallos levarase a cabo despois da actuación sobre o escenario das comparsas, rematando a primeira xornada festiva cun pasarrúas coas comparsas e os veciños e veciñas disfrazados.
Xa o mércores, as actividades iniciaranse sobre as 17.00 horas co desfile dos entroidos que participen no concurso, pasarrúas e animación de pallasos, animador e zancudo. Como o domingo, o desfile partirá da Porta do Sol e rematará na praza da Constitución.
O concurso de entroidos premiará ao que sexa máis orixinal e elaborado para a súa posterior queima. Nesta iniciativa poderá participar todo aquel que queira, debendo inscribirse ata o día 12 do concurso na Alianza.
Ás 17.30 comezará a festa presentada por dous pallasos que, xunto cun animador e un zancudo, divertirán a todos os asistentes con diferentes xogos. Ademais, haberá discoteca móbil con DJ, láser, fume, etc. e dous monitores de globoflexia.
Como en anos anteriores, nesta festa non podía faltar o chocolate quente e orellas, que se repartirán entre os asistentes por un euro.
Despois do fallo do xurado e a entrega dunha cesta de produtos desta tempada para o mellor entroido, procederase á queima na praia de todos os entroidos participantes, rematando a festa cunha sesión de fogos artificiais de caixas chinesas na rampa do Casino.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares