Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 13 de Abril de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES PARA O DÍA DO LIBRO

Actualidade CoronaVirus

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Escola Municipal de Teatro ofrece o sábado unha función benéfica en favor de Haití
11 Febreiro 2010 06:56
Os integrantes da Escola Municipal de Teatro de Ares, concienciados coa catástrofe acontecida recentemente en Haití, queren aportar o seu granciño de area para axudar aos moitos milleiros de persoas que quedaron sen nada despois do terremoto. Para iso, organizan unha función benéfica, que se desenvolverá este sábado, día 13, a partires das oito da tarde, no Casino Aresano, entidade colaboradora con esta iniciativa.
Baixo a dirección de Manuel Basoa, a Escola Municipal de teatro de Ares porá en escea as obras “O mal de Manueliño” e “O cornudo mallado”. A entrada será de balde, se ben, como informan dende dita escola, instalarase unha mesa na que se recollerán os donativos que os asistentes a esta actividade queiran aportar para axudar a Haití.
Ademais, entre función e función levarase a cabo o sorteo dunha cesta con produtos típicos do Entroido. Esta cesta será aportada polo Concello de Ares, que, deste xeito, quere apoiar dun xeito activo cunha causa que consideran importante e de grande xenerosidade por parte da Escola Municipal de Teatro. As persoas que desexen participar neste sorteo poderán mercar as rifas á entrada da función.
O diñeiro que se recade con esta iniciativa entregarase á Cruz Vermella, unha das organizacións sen ánimo de lucro que están a traballar duramente neste país totalmente devastado.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares