Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 10 de Abril de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesAbril
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ACTIVIDADES PARA O DÍA DO LIBRO

Actualidade CoronaVirus

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A oficina de turismo de Ares atendeu no verán de 2009 a arredor dun milleiro de persoas
09 Febreiro 2010 09:25
A oficina de Información e Turismo de Ares rexistrou en verán de 2009 un total de 974 consultas, o que supón un 22,51% máis que en 2008, cando a caseta recibíu a 795 persoas. Así se desprende do informe estatístico realizado polas alumnas do curso de Axente de desenvolvemento turístico impartido polo Concello de Mugardos entre os meses de xullo e novembro do pasado ano.
O documento recolle os datos dos turistas que acudiron á oficina de turismo, ubicada no parque Rosalía de Castro, entre os meses de xullo e primeira quincena de setembro. Así, mentres que no 2008 o mes de xullo foi o que rexistrou máis consultas -405 fronte ás 304 de 2009-, no caso do ano pasado agosto recibíu máis turistas, cun total de 537 –en 2008 foron 366-. Tamén destaca a afluencia na primeira quincena de setembro en 2009, con 133 personas que se achegaron á caseta de información, fronte ás 24 do ano anterior.
En canto á procedencia dos turistas, o 94% son nacionais, mentres que o 6% restante reside en países extranxeiros. Tanto en 2008 como en 2009, as principais comunidades de procedencia dos viaxeiros son Galicia, Madrid e Castela-León –hai que lembrar, con respecto a esta última comunidade, que o Concello levou a cabo o pasado ano unha campaña de promoción turística en varias localidades leonesas-; nembargantes, a orde entre entre galegos e madrileños invertiuse en 2009, pasando estes últimos a ocupar o primeiro posto. Deste xeito, se en 2008 os turistas de Galicia aportaban o 47,45% dos viaxeiros e de Madrid o 19,49%, en 2009 de Madrid procedían o 38% dos turistas e de Galicia o 15,36%. No caso de Castela-León, continúa en terceiro lugar, incrementando a súa presenza en 2009 nun 2% con respecto a 2008.
Sobre os turistas procedentes de países extranxeiros, tamén produxéronse algúns cambios. Así, en 2008 o país emisor que ocupaba o primeiro lugar era Francia, cun 59,57%, o segundo Reino Unido, cun 14,89%, e o terceiro Estados Unidos, cun 8,51%. En 2009, Francia e Estados Unidos compartiron o primeiro posto, co 22,22% dos turistas chegados a Ares, pasando Suecia ao segundo lugar, cun 12,3%, e Italia no terceiro, co 9,88% do total.
Outros datos que recolle o Informe é o lugar de aloxamento dos turistas que visitan Ares. Deste xeito, a maior parte de persoas que solicitan información na oficina de turismo o fan no hotel Villa de Ares, mentres que se afirma que o resto de viaxeiros que non acuden a esta caseta alóxanse habitualmente en segunda residencia ou ben con familiares e/ou amigos. As pernoctacións están entre unha semana e 10/15 días.
O sol, a praia, as excursións e as visitas a familiares e amigos son, por esta orde, as principais motivacións polas que os turistas se achegan a Ares que, ademais, se trataría mayoritariamente de persoas –un 50% de homes e outro tanto de mulleres- de entre 30 e 45 anos.
Así mesmo, a maior parte visita este municipio “en familia”, seguido de “en parella”, mentres que a elección deste destino turístico é, en primeiro lugar, polas recomendacións de familiares a amigos e, a continuación, por experiencias anteriores –turistas, en moitos casos, que repiten a viaxe durante varios anos-.
Finalmente, a conservación do patrimonio histórico-artístico, a calidade do entorno natural e paisaxístico –fundamentalmente as praias-, a restauración e gastronomía, as oficinas de información, a dotación de espazos libres e zonas verdes, a limpeza do pobo, a seguridade cidadá, a mobilidade peonil, a hospitalidade/amabilidade e a relación calidade/prezo son os aspectos mellor valorados polos turistas que realizaron algunha consulta en 2009 na oficina aresá.
A mellora dos datos da caseta de turismo, sobre todo nun ano de profunda crise económica, confirman que as políticas que están levando a cabo os responsables municipais están comezando a dar os seus froitos. A campaña publicitaria en localidades leonesas, a posta en marcha de varias festas gastronómicas e culturais ou a colaboración ou impulso doutras, así como a presenza, xunto a varios promotores e hostaleiros do municipio, en Fitur son algúns exemplos das accións postas en marcha polo goberno socialista, que pretende incrementar e desestacionalizar o turismo, que fai que Ares en verán triplique a súa poboación.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares