Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 07 de Marzo de 2021
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMarzo
2021
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
Actualidade CoronaVirus

IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL

Os Bolechas - O Ares indiano

Aparcares.com

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN DEFINITIVA PXOM 2020

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Máis de 6.000 persoas visitaron o stand de Ares durante os días de celebración de Fitur
25 Xaneiro 2010 07:23
Rotundo éxito. Así pódese cualificar a presenza, por primeira vez, de Ares en Fitur con stand propio. E as cifras son o mellor referente para realizar esta afirmación. Deste xeito, máis de 6.000 persoas, segundo os datos recollidos polas persoas que atenderon aos visitantes, pasaron polo stand no que participaron dous promotores (Marineda e Estévez de Castro), un grupo de hostaleiros (Restaurante Bitákora, Restaurante El Pescador, Restaurante Club de Tenis, Restaurante As Naveiras Nardo, Hotel Villa de Ares, Cervecería O’Lugar e Casa Rural A Queira) e o própio Concello.
Ademais, foron máis de 1.500 (1.567) as persoas que cubriron unha pequena enquisa e que, polo tanto, recibiron un número para participar no sorteo dunha estancia de fin de semana a Ares para dúas persoas con todos os gastos pagados e coa realización de diversas actividades. O primeiro tenente de alcalde, o socialista Francisco García Prego, foi o encargado, ás 19.00 horas de onte (coincidindo coa clausura da feira), de sacar a papeleta gañadora, sendo á agraciada a madrileña Leonor Vázquez Gutiérrez.
A maior parte dos visitantes ao stand, co que o Concello, da man da iniciativa privada, quere potenciar e desestacionalizar o turismo -unha das principais fontes de ingresos do municipio, aínda que ata o momento concentrado fundamentalmente nos meses de verán-, descoñecían esta zona. ¿E que impresións sacaron? Pois quedaron gratamente sorprendidos polas paisaxes, as praias, a arquitectura civil e relixiosa, os espazos naturais e, sobre todo, pola ría. En definitiva, que se xuntaron nestes cinco días de feira os ingredientes suficientes para que Ares incremente o número de visitantes e para que se convirta nun municipio no que establecer a segunda residencia.
O alcalde, Julio Iglesias, desprazouse o xoves pola tarde a Madrid para promocionar o stand aresán e para presentar a nova web de turismo de que xa dispón o Concello. Trátase da páxina www.turismodeares.com, que, dun xeito sinxelo e moi gráfico, mostra a turistas e veciños toda a oferta que ten Ares neste eido. Á web tamén pódese acceder a través da páxina institucional do Concello (www.concellodeares.com).
Durante a estancia de Iglesias en Fitur, ademais, o stand de Ares recibíu a visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, que se interesaron pola oferta deste municipio.
Grazas á achega dos hostaleiros, os visitantes ao stand aresán puideron disfrutar de xamón, queixo, chourizo, así como de Albariño e cervexa –esta última aportada por Estrella Galicia-.
Tampouco faltaron vídeos promocionais e folletos informativos, entre outro material gráfico.
En definitiva, o balanzo deste ano non podía ser mellor, así que os organizadores desta edición xa traballan dende hoxe mesmo na preparación da que será a segunda participación de Ares na feira máis importante de España dentro deste sector.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares