Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Ares conta dende hoxe cunha nova web coa que pretende incrementar o turismo
22 Xaneiro 2010 11:11
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, foi o encargado de presentar a nova web de turismo do Concello; unha páxina coa que a administración local pretende incrementar o número de visitantes ao municipio, xa de por sí moi numeroso. O rexedor, que se desprazou a Fitur para visitar o stand que ten Ares na que é a maior feira do sector en España, explicou ante os medios de comunicación os contidos desta páxina, www.turismodeares.com, á que tamén se poderá acceder a través dun enlace na propia web institucional do Concello (www.concellodeares.com).
Para o alcalde, trátase dunha ferramenta de grande valor e que vén completar a web institucional do Concello e á presentada hai uns meses por Apares, a Asociación de Promotores de Ares (www.viveares.com). Nesta liña, o rexedor falou da importancia de unir as sinerxias de cada sector –administración local e iniciativa privada- para acadar obxectivos comúns, como son os de convertir a Ares nunha referencia turística durante todo o ano –non só estacional- e o lugar escollido para vivir ou ter como segunda residencia.
Iglesias, que estará en Madrid promocionando o municipio aresán ata mañá sábado, quixo agradecer a presenza en Fitur de dous promotores, Marineda e Estévez de Castro, así como dun grupo de hostaleiros de Ares. Trátase, en concreto, de Restaurante Bitákora, Restaurante El Pescador, Restaurante Club de Tenis, Restaurante As Naveiras Nardo, Hotel Villa de Ares, Cervecería O’Lugar e Casa Rural A Queira, que participan, xunto co própio Concello e os promotores anteriormente citados, na organización e presenza de Ares en Fitur.

CONTIDOS

“Camiñares, turismo de Ares”. A nova web parte deste eslogan para introducirnos nunha serie de enlaces aos que se pode acceder sen ningunha dificultade, xa que a accesibilidade é un dos pilares nos que se asenta esta páxina. Así, unha presentación, na que se explican aspectos tales como a localización do municipio, a súa historia ou a gastronomía, dan paso a outros enlaces: Actualidade, Festas, Vídeos, Aventura e Espazos.
Así mesmo, cada un destes enlaces permite coñecer a través de numerosas fotografías e textos explicativos, a realidade, o patrimonio e os numerosos espazos naturais que ofrece Ares aos posibles visitantes. No apartado de festas podemos acceder aos festexos tradicionais, como son o Voto de Chanteiro, a Semana Santa ou as alfombras do Corpus, entre outros, e aos recentes, como é o caso da Festa da Xibia, a Festa de Fin de Veráno, o desembarco pirata ou Xogares.
A presenza de Ares en Fitur, a presenza norueguesa no municipio, o spot publicitario de Ares, o recoñecemento á arquitectura de Redes e a náutica integran o acceso de Vídeos –sección que se irá incrementando con futuras gravacións-, mentres que en Aventura o sendeirismo, o buceo, a equitación e a navegación, cunha completa información de cada unha destas actividades, cobran especial protagonismo.
Pero, sen dúbida, unha das seccións máis atractivas para os que desexen visitar Ares e, sobre todo, para os que non coñecen este municipio, é a de Espazos. Neste enlace, os internautas poderán contemplar e informarse os puntos máis destacados deste concello, como as praias, a arquitectura e a natureza, así como dispor de datos relativos á hostalería. Os protagonistas de “Padre Casares”, a exitosa serie da TVG que se roda en Redes, tamén teñen cabida nesta web de turismo de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares