RETÓMASE A SECCIÓN DE "O ALCALDE RESPONDE"
21 Xaneiro 2010 09:17O alcalde, Julio Iglesias, vén de colgar moitas das preguntas que nos últimos meses foron plantexadas no espazo da web do Concello "O alcalde responde" e que, debido a diversos problemas, non poideron ser respostadas e/ou colgadas na páxina. Agora, a sección retómase coas preguntas que lle chegaron ao rexedor nos últimos meses, aínda que nos vindeiros días tamén dará contestación ás que foi recibindo nestas últimas datas.
Dende a Alcaldía, ademais, pídense disculpas aos veciños e veciñas polas posibles molestias que esta demora poidera ocasionar, ao tempo que se insta a aquelas persoas que non reciban resposta nos vindeiros días que, se non lles supón un problema, envíen de novo as preguntas/suxerencias/queixas.