O Concello respalda a canción que presenta o aresán Enrique Ramil para Eurovisión
O Concello de Ares quere sumarse aos apoios que está a recibir Enrique Ramil e o seu tema, “Es mi voluntad”, para representar a España no festival de Eurovisión, que este ano terá lugar en Oslo o 29 de maio. Deste xeito, o Concello porá na súa web un enlace á páxina do artista local -
www.enriqueramil.com-, na que se pode votar por esta canción –tamén pode facerse na web de TVE-. Esta mesma mañá, “Es mi voluntad” ocupaba a posición 37 dun total de 313 propostas, con 1.764 apoios. O prazo para votar –ata un máximo de cinco veces por día- remata o día 5 de febreiro ás 12.00 horas, e as dez cancións máis votadas participarán nunha gala na que un xurado e o público -50% cada un- decidirán qué artista e tema representarán a España en Oslo
Segundo asegurou Ramil, “nunca pensé estar tan bien posicionado”, ao tempo que destacou o feito de que o artista, que leva a nome de Ares aló donde participa e actúa, esté a recibir apoios de xente de fóra. “No tengo tantos amigos”, dixo Enrique Ramil en relación a este reseñable número de votos recibidos ata o momento, ao tempo que tamén subliñou o importante número de visitas que está a recibir na súa web por parte de cidadáns doutros países participantes no certame.
O artista tamén quixo facer fincapé no feito de “presentarme con mi tío” (Manuel Ramil). A este respecto, explica que o tema esté composto e producido por Manuel Ramil, que fixo a canción exclusivamente para Eurovisión. “Es una mezcla adecuada entre su estilo y el mío, y lo que quiere Eurovisión”, afirmou o aresán, que engadíu que se trata dun tema cunha “letra currada” e unha base pegadiza e doada de lembrar. “La idea desde el principio fue componer algo que gustase mucho y que se pudiera bailar, pero que no perdiera calidad”, explicou Enrique Ramil, que aínda que é consciente da dificultade de poder entrar entre os dez primeiros polos apoios discográficos ou mediáticos de moitos dos candidatos, afirma que “para mí sería un gustazo ir a TVE y ya ni te digo ir a Oslo”.
O Concello de Ares, pola súa banda, ofrece o seu apoio para que así sexa e o sono deste aresán de pro poida cumprirse.