A principal feira de turismo de España, FITUR, contará este ano por primeira vez cun stand propio de Ares. O stand, que publicitará a oferta e as propostas do municipio neste eido, conta coa participación do Concello, algúns promotores (Marineda e Estévez de Castro, integrantes na asociación Apares) e hostaleiros de Ares (tamén da entidade local do sector). No stand haberá 10.000 folletos para repartir entre os visitantes á caseta.
Durante os días de feira, ademais, está prevista a presentación dunha nova web do Concello adicada ao turismo,
www.turismodeares.com. Este acto terá lugar o venres, día 22, ás 13.30 horas no propio stand (o 9A23) e a presentación correrá a cargo do alcalde, Julio Iglesias, que se desplazará a Madrid para tomar parte nesta e outras actividades que se desenvolverán en Fitur.
Por outra banda, os visitantes ao stand terán a oportunidade de cubrir unhas fichas de mailing polas que recibirán a cambio un número para un sorteo dunha estancia de fin de semana en Ares para dúas persoas. Dito sorteo terá lugar o día da clausura de Fitur, o domingo 24 ás 19.00 horas.
Así mesmo, e grazas á aportación dos hostaleiros, os visitantes poderán disfrutar de viandas como xamón, chourizo ou queixo, ademais de cervexa cedida por Estrella Galicia. Os hostaleiros que colaboran nestas inciativas son: Restaurante Bitákora, Restaurante El Pescador, Restaurante Club de Tenis, Restaurante As Naveiras Nardo, Hotel Villa de Ares e Casa Rural A Queira.
A iniciativa amosa o interese do Concello e o sector privado para incrementar o número de visitantes que cada ano rexistra o municipio de Ares, ao tempo que da boa conta dos resultados acadados coa colaboración entre administración local, constructores e hostalería.