Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 16 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde confía en que a actuación na AC-123 se axuste ao proxecto presentado en 2008 e abordado co actual conselleiro
18 Decembro 2009 10:37
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, manifestou esta mañá que espera que o proxecto que se leve a cabo no tramo da AC-123 que une Franza (Mugardos) con Ares sexa o que redactou o anterior goberno da Xunta de Galicia, anunciouse publicamente en varias ocasións e, xa co novo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Agustín Hernández, abordouse en todo momento. Deste xeito, confía en que Manuel Cendán non veña agora a tratar de rebaixar os obxectivos marcados nesta actuación cos diferentes responsables autonómicos con competencias neste eido, limitando este importante e amplo proxecto a unicamente a construcción de beirarrúas, xa que “se estaría perxudicando a todos os veciños e veciñas de Ares”.
Neste sentido, o rexedor socialista lembrou que en xullo de 2008 o entón delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Alberto González, presentou na Alcaldía o proxecto da AC-123, que incluía, entre outras melloras como a pavimentación da mesma con aglomerado, a habilitación dunha senda peonil no marxe esquerdo da estrada e a execución dos accesos ás vivendas. En concreto, e de esquerda a dereita, a senda exclusivamente peonil tería, segundo dito proxecto, 1,80 metros de ancho, a zona verde 0,50, a cuneta revestida 1,50 metros, o arcén 0,50, cada un dos dous carrís 3 metros e, finalmente, o outro arcén 0,50. O orzamento ascendía a 1,7 millóns de euros e tiña un prazo de execución de seis meses.
Uns meses máis tarde, concretamente o 28 de outubro de 2008, a que era conselleira deste departamento, María José Caride, anunciaba en Ares a execución destes traballos ao longo de 2009, extremo que non se materializou polas eleccións e o cambio político do Goberno galego.
Para Iglesias, este proxecto é o que debe executarse agora, e non limitarse unicamente ás beirarrúas como defende Manuel Cendán, xa que, como puxo de manifesto, trátase dun vial que se atopa en mal estado, cun importante nivel de peligrosidade –mostra disto é o elevado número de accidentes rexistrados neste tramo, un deles, acontecido este verán, co resultado dunha víctima mortal atropelado- e que, ademais, en cuestións de meses incrementará notablemente o seu tránsito de vehículos e peóns coa posta en funcionamento da piscina que compartirán os municipios de Ares e Mugardos.
Por todo iso, o alcalde confía en que a Xunta execute este proxecto, que foi, ademais, o que abordaron o propio rexedor e o actual conselleiro, e que as manifestacións do portavoz do PP no Concello non formen parte dunha “estratexia” promovida por el mesmo para desenvolver unha actuación menor que, en definitiva, perxudicaría a todos os veciños e veciñas deste municipio. “Esperamos que Manuel Cendán non pretenda aforrarlle cartos á Xunta a costa dos aresáns”, concluíu Iglesias.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares