Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde destaca a importante implicación do Goberno central, e moi especialmente de Costas, co Concello de Ares
27 Novembro 2009 12:08
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, destacou esta mañá, no acto de inauguración das escaleiras de acceso á praia de As Barrosas, a “excelente” colaboración do Concello co Goberno central e, en concreto, subliñou os importantes e estratéxicos investimentos realizados nestes últimos dous anos pola Demarcación de Costas en Galicia –dependente do Ministerio de Medio Ambiente-. O rexedor socialista participou neste acto ao que acudíu o Xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, e o conselleiro técnico deste organismo, Carlos Gil, acompañado por todos os integrantes do grupo de goberno. Tamén participaron no mesmo representantes da empresa Tragsa –compañía que executou estes traballos- e de Proyfe, que redactou o proxecto.
A actuación de acondicionamento do acceso á praia de As Barrosas supuxo un investimento por parte de Costas de 95.761,79 euros e contou cun prazo de execución de tres meses e medio. Como explicou Carlos Gil, trátase dunha obra de complexidade pola pendente do terreo –ten 35 metros de desnivel-, para a que se buscou unha fórmula axeitada ao entorno e a “máis razoable” para facilitar a baixada e, sobre toda, a subida, aos usuarios do areal. Así, construíronse 130 metros cadrados de escaleiras, o que supón 197 escalóns e, ademais, habilitáronse 12 descansiños para minimizar a pendente.
Este é o terceiro acceso que fai Costas en praias de Ares –o programa de intervencións comezou coas escaleiras a Estacas, que rematou o organismo que dirixe Rafael Eimil despois de que os algúns veciños iniciaran os traballos-, pero non será o único, xa que os responsables de Costas anunciaron que o vindeiro ano actuarán noutro areal.

VISITA ÁS OBRAS DE REDES

Aproveitando a visita de Eimil a Ares, a comitiva desprazouse a continuación a Redes, donde inspeccionaron de novo –xa fixeran unha o 5 de outubro- as obras correspondentes á actuación integral da fachada marítima desta localidade. Como se lembrará, trátase doutra intervención financiada por Costas con cargo ao Plan E e que conta cun orzamento de máis de 1.285.000 euros.
Nesta ocasión, os representantes de Costas e do Concello de Ares tiveron ocasión de comprobar in situ a que é a actuación máis importante deste proxecto: o derrubo da sede do Clube Marítimo de Redes, construida sobre un elemento protexido como é a antiga batería de Mondiás –tamén coñecida como batería de Redes-. Segundo explicou Carlos Gil, trátase dunha batería colateral de catro tramos que complementa ás de Seselle e Ares. As obras de construcción desta batería iniciáronse en 1757 e remataron en 1773, contando con oito troneiras que cubren un ángulo de tiro de 180º.
Grazas a estas obras, que se desenvolveron ao longo desta semana cun permanente control arqueolóxico e remataron nesta mesma xornada, recuperáronse o peche da batería e o seu antigo polvorín con bóveda de cañón, que unha vez que os traballos estean recuperados poderán ser visitados polos veciños e visitantes.
Para que non aconteza o mesmo que ocorreu hai tempo na batería de Ares, a intervención contempla a construcción dunha escolleira, que evitará o posible desprendemento das troneiras.
Ademais, e se o tempo o permite, a empresa Construcciones López Cao S.L., adxudicataria desta obra de recuperación integral da fachada marítima de Redes, procederá dun xeito inmediato á colocación de hormigón impreso no aparcadoiro que se está a construir e que terá capacidade para uns 70 vehículos. Tamén, neste caso a vindeira semana, iniciaranse os traballos nas conduccións das rúas próximas á praza do Pedregal, que serán posteriormente adoquinadas –a actuación será similar á executada o pasado ano pola Consellería de Presidencia nalgunhas das principais rúas de Redes-.

RECUPERACIÓN DO BORDE LITORAL DA PRAIA DE CHANTEIRO

Pero as actuacións de Costas no municipio de Ares non se quedan aquí, senón, como puxo de manifesto o alcalde, Julio Iglesias, este departamento dependente do Ministerio de Medio Ambiente ten previsto executar outro proxecto de grande relevancia: o de recuperación do borde litoral da praia de Chanteiro. Esta actuación dividirase en dúas fases e suporá unha importante mellora para esta zona do concello.
Precisamente o proxecto da primeira fase, orzamentada en 1.375.000 euros, foi remitido hoxe mesmo á Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar para que proceda á súa aprobación provisional. Unha vez solventado este trámite, dito proxecto sairá a exposición pública.
A actuación, nesta primeira fase, contempla a humanización da fronte litoral de Chanteiro, establecendo como zona de paseo peonil a franxa máis próxima á praia. A segunda das fases completará dita intervención e para iso, e entre outros traballos, levarase a cabo a construcción de aparcadoiros disuasorios nas proximidades.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares