Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 11 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os nenos serán os principais protagonistas do programa de Nadal do Concello de Ares
24 Novembro 2009 08:41
O Concello de Ares, a través da área de Cultura, que dirixe a edila socialista Ana Fernández Coira, ten organizado un completo programa para desenvolver nas festas do Nadal e que terá nos máis pequenos da casa aos seus principais protagonistas. Precisamente esta mañá, o grupo de goberno deu conta das actividades que se levarán a cabo ao longo do vindeiro mes de decembro na comisión de Cultura.
Así, o programa iniciarase o día 4, co Obradoiro de postais de Nadal que, dirixido a nenos e nenas de catro anos en adiante, terá lugar na biblioteca municipal dende as 17.00 horas. Outro obradoiro, neste caso de decoración navideña, prográmase para os días 10 e 11 de decembro, tamén na biblioteca a partires das 17.30 horas.
A seguinte actividade cultural desenvolverase o día 22 de decembro. Trátase dunha sesión de contacontos que, baixo o título “O Nadal no mundo”, levarase a cabo ás 17.30 na biblioteca. O mesmo escenario acollerá o mércores 23 a actuación do Mago Romarís, que actuará para nenos e mayores ás 18.00 horas.
Na xornada do 24 celebrarse a cabalgata de Papá Noel que, como todos os anos, percorrerá todas as parroquias do municipio pola tarde.
Na semana seguinte terán lugar varias actividades. A primeira, o luns 28, e consistirá nunha Xincana dos Santos Inocentes. Esta proba, dirixida a toda a familia, desenvolverase entre as 11.00 e as 13.30 e terá a saída na biblioteca municipal.
Tamén o luns 28, o martes 29 e o mércores 30 levaranse a cabo Xogos en rede. Esta actividade, que inclúe un campionato de xogos de estratexia, será para os nenos de 10 a 15 anos do municipio.
“Musicaleando” é o nome doutra das actividades incluidas no programa de Nadal da Concellaría de Cultura. A iniciativa, na que poderán tomar parte pequenos e grandes, realizarase en dous grupos. O primeiro, entre as 16.30 e as 18.00, irá dirixido aos nenos máis novos, mentres que o segundo, entre as 18.00 e as 19.30 horas, será para os rapaces de máis idade.
Finalmente, o día 30 de decembro desenvolverase un Obradoiro de xogos de mesa. A elaboración dos xogos realizarse na biblioteca municipal ás once da mañá, mentres que o campionato comezará ás 17.30 horas, no mesmo lugar.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares