Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Uns 200 kilos de castañas asadas e 100 de liscos de touciño repartíronse na Festa do Samaín de Ares
07 Novembro 2009 19:21
O patio pechado do CPI Conde de Fenosa foi esta tarde escenario do Magosto de Samaín, unha iniciativa organizada pola Concellaría de Cultura, que dirixe a socialista Ana Fernández Coira. Nin as rachas de vento nin a choiva foron quen de desanimar aos aresáns, que participaron masivamente, un ano máis, nesta festa.
Así, foron centos –moitos deles nenos e nenas- as persoas que se deron cita no patio do Conde de Fenosa e que disfrutaron coas diferentes actividades promovidas polo Concello. A festa comezou co desfile de tres carrozas decoradas para a ocasión que saíu sobre as catro da tarde do local da Asociación Cultural O Tilo e, despois de percorrer as principais rúas da vila, chegou ás 17.30 horas ao Conde de Fenosa.
Pouco despois, as integrantes da compañía Fantasía Animación comezaron o seu espectáculo, dirixido principalmente para o público máis mozo –moitos dos pequenos ián disfrazados-. Cantigas, bailes, conxuros e pócimas foron os protagonistas da actuación, que se polongou ata as oito da tarde.
Pero, ademais, os veciños e veciñas poideron degustar, a prezos populares, castañas asadas e liscos de touciño, acompañados de diferentes bebidas. Ao longo da tarde, e segundo informaron dende a organización, foron 200 os kilos de castañas repartidos e 100 de liscos, o que constata o éxito acadado neste terceiro magosto do Concello de Ares.
Outra das iniciativas con máis aceptación entre os aresáns foi o concurso de cabazas disfrazadas. Deste xeito, foron un centenar as que concurriron na modalidade infantil, cuxo gañador recibíu un teléfono móbil, e dez as que participaron na de adultos. Neste último caso, o gañador obtivo unha magnífica cesta con produtos de tempada.
Tamén procedeuse á entrega dos agasallos a todos os participantes nos concursos de receitas “Ares, qué rico” e de contos “Ares de medo”.
A festa rematou como comezara, é dicir, co desfile de carrozas da Asociación Cultural O Tilo.

Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares