Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 11 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Magosto do Samaín de Ares desenvolverase este sábado, día 7, no patio pechado do CPI Conde de Fenosa
05 Novembro 2009 13:24
A Concellería de Cultura, que dirixe a edil socialista Ana Fernández Coira, organiza o Magosto do Samaín, que se desenvolverá este sábado, día 7, no patio pechado do CPI Conde de Fenosa. A festa, á que están convidados pequenos e maiores, comezará sobre as 16.00, hora á que partirán do local da Asociación Cultural O Tilo as carrozas con decoración propia destas datas. As carrozas chegarán ao colexio sobre as 17.30 horas, dando inicio á grande festa do magosto.
Precisamente entre as 17.00 horas e as 18.30 estará aberto o prazo de inscripción, no mesmo patio, dos participantes no concurso de cabazas disfrazadas, que se fallará no transcurso do magosto. Sobre as 18.00, despois da entrega de agasallos ás persoas que se inscribiron nos certames “Ares, qué rico” e “Ares de medo”, comezará a actuación da compañía Fantasía Animación, que durará unhas dúas horas.
Durante este tempo, os asistentes á festa poderán degustar castañas asadas, acompañadas de bebidas, e liscos de touciño, tamén con consumición.
Antes do segundo desfile de carrozas, que porá fin a este Magosto do Samaín, levarase a cabo o fallo do concurso de cabazas e procederase á entrega dos premios, tanto da categoría infantil como da de adultos. O remate da festa está previsto para as 20.00 horas, aproximadamente.
Por outra banda, o Concello colabora coa ANPA do CPI Conde de Fenosa na realización dun Obradoiro de cabazas, que se levará a cabo mañá venres.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares