Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello levará a cabo a vindeira semana unha poda correctiva e de saneamento no parque Rosalía de Castro
05 Novembro 2009 13:23
O Concello de Ares levará a cabo a vindeira semana unha poda correctiva e de saneamento das árbores do parque municipal Rosalía de Castro, aproveitando que esta é a época axeitada para levar a cabo este tipo de traballos.
Segundo informaron dende a área de Obras e Servizos do goberno local, trátase dunha intervención programada dende hai tempo e que ten dous obxectivos fundamentais. O primeiro, o fito-sanitario, é decir, con esta poda lévase a cabo un tratamento das árbores enfermas. Naqueles casos nos que a recuperación non sexa viable, unha minoría en todo caso –as piceas son as que se atopan en peor estado-, procederase á súa retirada, se ben, subliñaron os responsables municipais, ditas árbores serán substituidas por outras especies axeitadas ao entorno no que se atopan.
O segundo dos obxectivos desta actuación non é outro que o de garantir a seguridade. A este respecto, hai que destacar que se trata dunha zona que levaba moitos anos sen ser atendida como correspondía. Ademais, en ocasións anteriores ao actual goberno, as árbores do Rosalía foron obxecto dalgunhas podas inadecuadas, o que deu como resultado que na actualidade moitas destas árbores teñan unha altura excesiva, co correspondente risco de caída en situacións meteorolóxicas adversas.
Polo tanto, procederase á súa poda, deixando as árbores a unha altura convinte para a seguridade cidadá –o máis importante- e para o sombreado –outra das cuestións que fan deste parque un dos mellor valorados polos cidadáns-.
Con esta intervención, o goberno local sigue apostando pola conservación e creación de zonas verdes en parque públicos, un aspecto moi coidado e atendido durante estes máis de dous anos de mandato. De feito, as tarefas de mantemento en espazos verdes, como é o caso do parque Rosalía de Castro, veñen sendo constantes dende a chegada dos socialistas á Alcaldía de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares