Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 11 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno local afirma que a USTG, que integra o comité de empresa do Concello, actúa de ariete das políticas do PP
04 Novembro 2009 12:21
O goberno de Ares, ante as acusacións da USTG –sindicato que integra o comité de empresa do Concello- ao alcalde, Julio Iglesias, pola sentenza relativa ao capataz, asegura que a central, dende que se produxo o cambio de goberno neste municipio, “está a actuar permanentemente como ariete do PP”. Deste xeito, é digno de destacar que o comité unicamente está a respaldar a algúns dos empregados municipais que entraron durante os oito anos de mandato “popular” e que a maior parte dos traballadores e traballadoras do Concello non se sinten representados pola USTG, que “vén amosando día tras día que o único que lle interesa é manter as políticas de persoal, bastante cuestionables por outra banda, levadas a cabo no seu día polo PP”.
Con respecto á sentenza á que se refire a USTG, o goberno local aclara que ésta unicamente revoca unha resolución da Alcaldía, que “como supoñemos que saberán tanto o denunciante como o comité de empresa, do que el mesmo forma parte dende hai uns meses, xa fora revocada moito antes da celebración do xuízo”.
Ademais, na sentenza do Xulgado do Social nº 2 queda clara a posibilidade de executar o contido da antiga resolución sempre que así o contemple a RPT (Relación de Postos de Traballo), unha cuestión que precisamente se está a ultimar nesta mesma dirección na actualidade.
Por todo iso, o goberno local pide ao comité, e nomeadamente á USTG, que deixe de utilizar e manipular sentenzas para acadar o seu único obxectivo, que non é outro que o de acabar co goberno dos socialistas e retomar o anterior do PP.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares