Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello gaña nos tribunais unha demanda de dúas ex traballadoras de Axuda a Domicilio
03 Novembro 2009 15:13
O Concello de Ares vén de recibir a sentenza do Tribunal do Social número 2 que desestima a demanda interposta por dúas ex traballadoras de axuda a domicilio, que reclamaban á institución municipal, despois de que non se lles renovara o contrato e se decidira externalizar dito servizo, que se lles contratara como persoal laboral indefinido e, ademais, unha indemnización de 6.000 euros por empregada en concepto dos supostos atrasos correspondentes ao tempo transcorrido dende o remate dos contratos.
Na sentenza afírmase que a duración dos contratos, de un ano, estaba perfectamente contemplada en cada un dos mesmos, polo que en ningún momento o Concello tiña a obriga de renovar ás demandantes. “La temporalidad de ambos contratos es clara desde su inicio, siendo plenamente conocida por las trabajadoras en el momento de suscribir el negocio jurídico (…); la necesidad temporal ha sido acreditada, ya que es razonable estimar que la contratación de las trabajadoras era únicamente necesaria para satisfacer determinados servicios que la Consellería de Benestar les atribuía a los Ayuntamiento a través de subvenciones; las trabajadoras sólo han sido utilizadas para esa obra o servicio, por lo que no se ha desvirtuado su naturaleza; y por último, tiene sustantividad propia dentro del objeto de la contratante”, reza a sentenza. Precisamente esta característica do servizo, o da prestación dunha actividade “ocasional” ou “singular”, supón, segundo consta na sentenza, a decisión, por parte do Concello, de externalizalo, suscribindo un contrato menor (para despois formalizar unha contrata anual).
En canto á posible subrogación dos contratos, ben convencional ou contractual, e a presunta responsabilidade da empresa adxudicataria, tamén demandada, a sentenza é moi clara e afirma que non se trata do cambio dunha adxudicataria a outra, senón da externalización dun servizo e que, ademais, non existe a continuidade suficiente e non hai transmisión, no proceso de dita externalización, de bens materiais.
Por todo iso, a titular do Xulgado número 2 do Social de Ferrol desestima a demanda interposta polas dúas ex empregadas ao Concello e á empresa adxudicataria do servizo de axuda a domicilio, e os absolve de todas as pretensións deducidas na súa contra.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares