Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno aproba o prego para a contratación e explotación do Parque Eólico Singular de Ares
29 Octubre 2009 14:41
O pleno da corporación, reunida esta mañá en sesión ordinaria correspondente a fin de mes, aprobou, cos votos a favor do grupo de goberno (PSOE), PP e NAL e o rexeitamento do BNG, o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá a contratación mediante concurso con procedimento aberto da contratación e explotación do Parque Eólico Singular do Concello de Ares. Como explicou durante a sesión o rexedor socialista, Julio Iglesias, a empresa que resulte adxudicataria encargarase de toda a tramitación, que ten unha grande complexidade, e que consiste na redacción do proxecto, e execución da obra e a explotación da pala de tres megavatios que foi admitida a trámite pola Xunta durante un período de corenta anos.
O alcalde, ademais, subliñou unha das cuestións principais deste prego, que supón que o canon que a compañía adxudicataria terá que aboar ao Concello –o tipo de partida establecido é de 45.000 euros anuais- revertirá directamente e como obriga en obras en Cervás e Chanteiro, ámbito (a chamada península da Bailadora) no que se situará a pala eólica –o lugar exacto quedará determinado no proxecto-. Iglesias destacou a cantidade de patrimonio desta zona do municipio –o mosteiro de Santa Catalina e as baterías, que contan todas con plans sectoriais pero que non se poden desenvolver por falta de recursos económicos- e de camiños e zonas públicas susceptibles de mellora, que poderán recollerse nestas intervencións que, a maiores, proceden dunha enerxía sostible como é a eólica.
Estes proxectos terán que ser contemplados polas empresas que presenten as súas ofertas no prazo dun mes contado a partires da publicación do anuncio de licitación no BOP e DOG, concretamente a través dun Proxecto de Dinamización Turística e Valorización Patrimonial e Ambiental para a península de A Bailadora, explicando polo miudo as actuacións a desenvolver e o orzamento de execución desglosado por partidas e especificando a planificación temporal por un período mínimo de dez anos.
Por todo o exposto, o grupo de goberno asegurou non entender a postura que adoptou o único grupo que votou en contra deste punto, o BNG, manifestando que non é coherente que unha organización, como a nacionalista, pida constamente actuacións e logo, cando hai que debatilas en pleno, vote sempre en contra das mesmas. Para os responsables municipais, non é razoable rexeitar unha intervención como a do PES, que da riqueza a un municipio pequeno e con recursos moi limitados, e que, ademais, contribuirá ao desenvolvemento da eco economía ou economía sostible, un recurso que Ares tamén poderá vender.
Outro dos puntos aprobados no pleno, neste caso por unanimidade, foi o relativo á resolución das alegacións da expropiación dos terreos contemplados no anteproxecto de construcción e explotación da actuación de saneamento na zona norte da ría de ría de Ares e na zona sur da de Ferrol (EDAR). Este trámite era necesario para, agora, proceder á petición á Xunta da declaración de urxente ocupación de ditos terreos para a execución destes traballos. En total, presentáronse once alegacións, das que nove foron aceptadas e dúas rexeitadas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares