Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 20 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Concellaría de Cultura organiza estas semanas unha serie de obradoiros para nenos na Biblioteca
19 Octubre 2009 14:29
A Concellaría de Cultura está a desenvolver na biblioteca municipal, dende o pasado día 5 e ata o 13 de novembro, unha serie de obradoiros dirixidos aos nenos e nenas da vila. Se ata o momento xa se desenvolveron actividades tales como un obradoiro de confección de axendas ou outro de disfraces piratas para a realización do xogo “A busca do tesouro”, para esta semana está prevista unha sesión de contacontos –“O gato lambón” e “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”-, que terá lugar esta tarde; un obradoiro de botes de sal, mañá martes; un obradoiro de lectura; e unha tarde de xogos populares –esta actividade será o venres, mentres que a preparación da mesma realizarase o xoves-.
En canto á semana que vai do 26 ao 30 deste mes, o 26 haberá outra sesión de contacontos –“O galo Quirico” e “A cousa que máis doe do mundo”-; o 27 terá lugar un obradoiro de marionetas con calcetís; o 28 un obradoiro de bonsáis; o 29 unha xornada de confección de disfraces para o Samaín; e o 30 un obradoiro de pintura.
Na semana do 2 ao 6 de novembro desenvolverase un contacontos, o día 2 –“Manda narices” e “El duende y el búho”; o día 3 terá lugar un obradoiro de mariquitas con castañas; o día 4 outro de bruxiñas; o día 5 confeccionaranse os disfraces para o Samaín, e o día 6 haberá un obradoiro de confección de cabazas.
Finalmente, entre os días 9 e 13 realizaranse outras actividades. O día 9 terá lugar unha sesión de contacontos; o 10 e o 11 a preparación de títeres para unha obra que será o día 13; e o 12 levarase o ensaio para dita representación.
Todas as actividades desenvolveranse entre as 18.00 e as 19.00 horas.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares