Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Domingo 15 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A escola infantil de Ares, con 61 prazas, abrirá durante o primeiro trimestre de 2010
16 Octubre 2009 14:38
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, acompañado polas concelleiras de Cultura e Educación, Ana Fernández Coira, e a de Servizos Sociais, Victoria Montenegro, realizaron esta mañá unha visita técnica ás instalacións de Granxares da nova escola infantil. No percorrido, estes responsables municipais estiveron acompañados pola xerente adxunta de Escolas Infantís do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Carmen García Campelo, e de varios técnicos deste organismo.
Segundo asegurou García Campelo, a escola infantil, que ofertará 61 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos divididos en catro unidades, abrirá no primeiro trimestre de 2010, unha vez que estea rematado o proceso de matriculación e o inmoble conte co equipamento e os servizos necesarios. A xerente adxunta explicou, a este respecto, que precisamente esta visita respondía, por unha banda, á necesidade de realizar unha primeira estimación do custe do equipamento, aspecto do que se encarga o Consorcio e que suporá un investimento aproximado de entre 100.000 e 120.000 euros.
En canto aos servizos, como o abastecemento de auga, electricidade e gas, o alcalde de Ares –é o Concello o que se fai cargo destas tarefas, así como do mantemento dos mesmos unha vez que a escola infantil comece a funcionar, así como da limpeza das instalacións e a xardinería- informou de que o único que está pendente na actualidade é a instalación dun transformador de enerxía eléctrica, actuación que, segundo anunciou, será resolta de inmediato.
Outro dos obxectivos da visita desta mañá foi o de publicitar a recente apertura do prazo de preinscripción nesta escola infantil. A este respecto, hai que recordar que éste permanecerá aberto ata o día 30 deste mes e que debe formalizarse no Consistorio aresán, entre as 09.00 e as 14.00, pola mañá, e de 16.00 a 19.00, pola tarde. É a Casa do Concello a que aporta tamén as instancias que se precisan para a presentación da solicitude de matrícula.
Unha persoa enviada polo Consorcio estase a encargar da realización destes trámites, que rematarán, en primeiro lugar, coa publicación, o día 6 de novembro, da listaxe provisional de admitidos e excluídos, a apertura dun prazo de reclamacións de dez días hábiles e, finalmente, a presentación da listaxe definitiva, prevista para o día 27 de novembro.
Tanto os listados provisionais como os definitivos publicaranse no taboleiro de anuncios dos Concellos e no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar –na súa web www.igualdadebenestar.org-. Unha vez rematada esta fase, abrirase o prazo de formalización da matrícula, que será entre os días 30 de novembro e 15 de decembro.



LISTADO PROVINCIAL PARA MESTRES E EDUCADORES

Na escola infantil de Ares traballarán un total de dez persoas –sen contar ao persoal da cociña, que aínda non se cuantificou porque non se determinou se o servizo de comedor levarase a cabo no propio centro ou mediante a contratación dun catering-, é dicir, dous mestres, sete educadores e un traballador de servizos xerais –apoio-. Precisamente onte abriron o prazo de inscripción nos listados provinciais do Consorcio para traballar nas diferentes instalacións que ten este organismo pola Coruña –tanto escolas infantís como centros de día-.
Neste sentido, os responsables políticos subliñaron que a listaxe de mestres xa está completa, pero que non acontece o mesmo coa de educadores, para a que hai prazas nas listas de espera. Así as cousas, Iglesias fixo un chamamento aos aresáns e aresás interesados nestes postos de traballo para que se apunten no Consorcio. As bases están expostas dende onte, data na que saíu no DOG a apertura deste prazo de presentación de solicitudes para a ampliación das listaxes de espera para a cobertura temporal de postos de traballo do Consorcio, no tablón de anuncios do Concello, que tamén fará público un bando informando desta cuestión.

VALORACIÓN DO ALCALDE

Para Julio Iglesias, a apertura da escola infantil é moi importante para Ares, xa que, como destacou, trátase dun municipio “en constante crecemento” e cunha pirámide poboacional normal –non invertida-, no que destaca o número de parellas novas con fillos pequenos, que é cada vez maior. E todo iso, en palabras do rexedor, sen perxuízo da atención aos maiores do concello, coa próxima apertura do centro de día.
Ademais, o alcalde socialista valorou o lugar elixido para a construcción desta escola para nenos de 0 a 3 anos. Para Iglesias, a parcela cedida polo Concello ao Consorcio está situada nun “sitio inmellorable”, moi soleado, sen dificultades para estacionar os coches e accesible para as nais e pais que vaian á escola infantil cos carritos e selas. Os nenos tamén contarán, además dun espazo interior amplo e dotado de todos os servizos e equipamentos necesarios, dunha extensa zona de xogos exterior, xa equipada na actualidade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares