Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 22 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O pleno aproba unha ordenanza para regular as antenas de telecomunicacións no municipio
24 Setembro 2009 13:51
O pleno da corporación aprobou esta mañá, cos votos favorables do grupo de goberno (PSOE), PP e NAL e a abstención do BNG, unha ordenanza municipal para regular a instalación e actividade das antenas de telecomunicacións neste concello. Como puxo de manifesto o alcalde, Julio Iglesias, trátase dunha normativa de especial relevancia en Ares, xa que conta con numerosas instalacións deste tipo en zonas como Montefaro, Lubre e Os Castros. Iglesias asegurou que estas antenas carecen da pertinente licenza e de proxecto explicativo da actividade que realizan. “Todos descoñecemos moitas veces a intensidade das emisións, a función de cada antena e, ademais, non se pode informar sobre cuestións que poden afectar á salubridade das persoas”, dixo o rexedor socialista, que abogou por poñer en funcionamento unha ordenanza base que inste ás empresas a legalizar as súas antenas –a través dun proxecto técnico e a licenza correspondente- e que garanta a salubridade dos veciños, para, posteriormente, “dar o salto” a outra normativa máis intervencionista.
Deste xeito, a ordenanza, que estará agora en exposición pública, contempla no que é un dos seus principais puntos un prazo de seis meses, contados dende a súa entrada en vigor, para que o Concello realice un rexistro especial no que figuren, entre outros datos, o número de antenas existentes neste municipio e a qué adican a súa actividade e, por outro, para que ditas compañías de telecomunicacións presenten o seu respectivo proxecto. Aquelas que non estean legalizadas neses seis meses, adiantou o alcalde, serán precintadas por parte da Policía Local. “O Concello intervirá sobre todo para garantir a salubridade dos veciños”, afirmou o rexedor.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares