A orquestra Olympus será a encargada de amenizar este sábado a Festa Fin de Verán do Concello
16 Setembro 2009 14:52Unha das orquestras máis importantes de Galicia, a Olympus, será a encargada de amenizar a velada da que será a segunda Festa Fin de Verán, unha iniciativa coa que o Concello, a través da área de Cultura, pon fin ao programa de actividades organizadas pola administración local para desenvolver ao longo dos meses estivais.
Esta festa, que será de balde, comezará sobre as 22.30 horas e terá como escenario a praza Sánchez Barcáiztegui, máis coñecida como Praza da Igrexa.
Dende o goberno local faise un chamamento á participación dos veciños de Ares, lembrando o grande éxito que tivo o ano pasado a primeira edición desta actividade, na que se contou coa presenza da París de Noia.