Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
María Dolores Fernández gaña a terceira edición do concurso de pintura Manuel Rebón, organizado polo Concello
12 Agosto 2009 12:30
O xurado, formado por persoas cualificadas neste eido, vén de fallar os premios do concurso de pintura Manuel Rebón, organizado polo Concello de Ares en colaboración co CIRS de Cervás, que chegou nesta ocasión á súa terceira edición. Así, María Dolores Fernández González, coa obra “Cebolas”, resultou gañadora do certame, que está dotado con mil euros, mentres que Gerardo Vilar Deus, con “Praia de Area Morta”, obtivo o segundo premio, con 350 euros. Os dous accésit foron para Josefina Vales Álvarez, coa obra “Mañanciña na montaña”, e Luis Maceiras Crespo, con “Lagoa”.
Estes cadros, xunto co resto de obras que resultaron finalistas, integrarán unha exposición que será inaugurada mañá xoves no local do CIRS de Cervás e que permanecerá aberta ao público ata o día 28 deste mes. O horario de visita é, dende mañá mesmo, de 11.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 22.00, de luns a domingo.
O día 29, data da clausura da mostra, entregaranse os diferentes premios, no marco dun acto que terá lugar na Alianza Aresana.
O tema das obras foi libre, sendo as técnicas permitidas a do óleo e de acrílicos. Ademais, todos os cadros presentados tiñan deberán estar enmarcados e acondicionados para a súa exposición, non debendo exceder o tamaño total dos 100x80 cm.
En canto á retirada dos cadros, poderá efectuarse polo seu autor/a ou persoa autorizada durante vinte días contados a partires do remate da exposición, agás as obras premiadas, que quedarán en poder do Concello de Ares, pasando a formar parte do seu patrimonio cultural.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares