Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello porá en marcha un programa de hábitos saudables e prevención de drogodependencias
16 Novembro 2007 11:21
A Comisión Informativa de Muller, Infancia, Xuventude, Sanidade e Servizos Sociais deu conta da realización dun programa de hábitos saudables e prevención de drogodependencias destinado aos alumnos de 4º da ESO do CPI Conde de Fenosa. Con dito programa, o Concello pretende informar e provocar nos adolescentes, con temas de importancia e relevancia nas súas vidas, unha reflexión persoal equilibrada sobre os hábitos de saúde e consumo, con especial atención no consumo de substancias.
O programa “Tú eres necesario”, que se desenvolverá ao longo de cinco sesións de cincuenta minutos cada unha con periodiciade semanal –entre o 16 de xaneiro e o 20 de febreiro-, consta dunha carpeta con sete dossieres que será entregada aos participantes e devolta ao remate do curso. Éstes engloban sete temas seleccionados en función de tres criterios fundamentais: a aparición destes temas na vida dos mozos hoxe en día, a importancia que poden ter nas decisións e a forma de vida da xuventude e a relación directa e indirecta que teñen co consumo de tabaco, alcohol e outras drogas.
A iniciativa nace da coordinación existente entre o Servizo Galego de Psicoloxía, o Programa de Intervención Familiar dos Servizos Sociais de Ares e o Gabinete de Orientación do CPI Conde de Fenosa. A colaboración do Concello céntrase na coordinación técnica do programa –o psicólogo coordina as actividades coa orientadora do CPI Conde de Fenosa- e no ámbito económico, aportando o 50% do custe do programa –o outro 50% o aporta o gabinete de orientación do centro escolar-.
O curso será impartido por un mediador da Asociación de Ayuda a Familiares de Drogodependientes (Adafad).
Outro programa que se desenvolverá, neste caso para os alumnos de 3º de ESO do Conde de Fenosa, e do que tamén se deu conta esta mañá na Comisión de Servizos Sociais, é o de educación afectivo-sexual. A organización do mesmo é idéntica á do programa anteriormente mencionado e o calendario das actividades tamén –as charlas comezaron o día 7 deste mes e rematarán o 5 de decembro-.
Esta iniciativa ten como principais obxectivos os de informar, facer chegar aos adolescentes datos, plantexamentos e ideas acerca da sexualidade para que poidan posicionarse dun xeito responsable ante ela; promover a capacidade crítica e a formación dun criterio propio; e provocar, facilitar o uso do debate, o diálogo, a discusión e o intercambio de ideas como forma de acceder a conclusións individuais e de grupo.
O material desta actividade, denominada “Afectividad y sexualidad saludable”, será proporcionado por Adafad, encargada tamén neste caso de impartir as sesións.
Por outra banda, o goberno local informou na Comisión sobre o convenio asinado co Concello de Valdoviño para a atención dos Servizos Sociais. O acordo é temporal (seis meses prorrogable a outros seis) e pasa por que Valdoviño autoriza á súa traballadora social a prestar as funcións de asistente social en Ares. O horario de atención ao público –que, en todo caso, será temporal-, é de cinco a sete da tarde os luns, martes, xoves e venres, e de oito da mañá ás tres da tarde os mércores.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares