Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 21 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O alcalde de Ares define ao médico José Luis Pérez Barreiro, ao que se lle adicou un paseo, como "xenio e figura"
04 xullo 2009 13:35
“Paseo Médico José Luis Pérez Barreiro. ‘Aos bos e xenerosos”. Así reza dende esta mañá a placa do paseo marítimo que vén de ser reformado polo Concello e que une a zona da praia do Xuncal coa avenida Saavedra Meneses, bordeando o parque municipal Rosalía de Castro. Pero este acto, en realidade, quixo ser unha homenaxe da administración local ao que foi durante moitos anos médico de Ares; unha persoa moi querida e valorada polos veciños do municipio, tanto profesional como persoalmente.
E un bo exemplo é que a este acto, no que non faltaron a súa familia e representantes do goberno local –co alcalde, Julio Iglesias, á cabeza-, asistiron numerosos veciños da vila, que quixeron rendir coa súa presenza unha sentida homenaxe ao médico finado hai tan só uns meses.
Ademais de destapar a placa do paseo que leva o nome deste médico –fixérono os seus familiares-, o rexedor socialista dirixíu unhas palabras aos presentes. Iglesias, que asegurou que Pérez Barreiro foi unha persoa moi importante para Ares, moi sinxela e divertida, leeu un escrito elaborado por el mesmo aos poucos días do pasamento do médico no que, baixo o título “Sus ojos se cerraron”, o alcalde rendíalle un merecido tributo.
Para Iglesias, que citou algunhas das súas lembranzas de Don José Luis –así o chamaban os seus veciños- da súa infancia, manifestou que a personalidade do médico aresán definíase en dous adxectivos: “genio y figura”. “Mientras el primero lo llevó, como a su padre, a un compromiso radical con la medicina, siendo miles los pacientes que pasaron por sus manos y decenas los que le deben la vida, el segundo lo llevó a un eterno compromiso con un elegante, libre, contestatario y fascinante desenfado juvenil que nunca dejó indiferente a nadie. Conjugaba ambos adjetivos a la perfección”, afirmou o rexedor de Ares.
En representación da familia falou a súa filla primoxénita, Bertina Pérez Pérez, que ademais de agradecer ao Concello o xesto de adicar un paseo ao seu pai, asegurou que éste estaría “muy honrado y orgulloso”, xa que Ares foi un pobo ao que “él tanto amó”. “Mi padre decía que no necesitaba salir de Ares porque aquí tenía todo lo que quería”, dixo Bertina Pérez.
Despois deste acto, celebrado no paseo que agora leva o nome do médico José Luis Pérez Barreiro, os presentes no mesmo foron convidados a un ágape, que tivo lugar no restaurante Mar de Ares da vila.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares