Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 11 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Policía Local deseñou un dispositivo especial de tráfico para a fin de semana, celebración do Corpus
10 xuño 2009 12:50
A Policía Local de Ares, en colaboración coa Garda Civil de Mugardos e Protección Civil de Ares, deseñou un dispositivo especial de tráfico para os días 13 e 14 deste mes (sábado e domingo), datas nas que se procede á confección das alfombras florais do Corpus.
Así, no que se refire aos sentidos de circulación, a entrada á vila realizarase como todos os anos por estas datas, é dicir, pola Porta do Sol e rúa Os Anxos ata chegar á altura da avenida de Mugardos, donde poderase coller á dereita con dirección a Mugardos para estacionar ou ben para saír do pobo. Os que queiran ir ao porto deportivo poderán facelo seguindo dúas alternativas: a primeira, entrando pola avenida do Mazote, avenida de Mugardos, Celso Emilio Ferreiro, avenida da Paz, rúa de San Andrés e Alfolí, para chegar ao porto, e a segunda, accedendo pola rúa Os Anxos ata a avenida de Mugardos, donde se collerá á dereita con dirección avenida Celso Emilio Ferreiro, avenida da Paz, avenida Zamborela, rúa Alfolí e, finalmente, porto deportivo.
Os que desexen saír do porto deportivo –hai que lembrar que esta fin se semana terá lugar unha regata en Ares- con dirección Ferrol-A Coruña, deberán coller a avenida Teniente Xeral Gabeiras ata o cruce coa rúa Mártires, San Andrés, Zamborela, avenida da Paz, Ramón Pimentel, avenida de Mugardos e avenida do Mazote.
En canto aos estacionamentos, a Policía Local recomenda aos condutores que desexen aparcar os seus vehículos que o fagan seguindo a rota pola avenida do Mazote ou pola rúa dos Anxos con dirección avenida de Mugardos, donde habilitouse un estacionamento, concretamente no cruce entre a avenida de Mugardos co Mazote. Ademais, aínda que con menos prazas, habilitaranse aparcadoiros na Ciscada –entrada do pobo, tanto no marxe dereito como o esquerdo- e no colexio Conde de Fenosa –rúa Celso Emilio Ferreiro-.
Finalmente, permanecerán durante estas xornadas pechadas ao tráfico as rúas Real, María, o tramo da rúa dos Anxos entre a avenida de Mugardos e a Igrexa –agás residentes-, o tramo da rúa Santa Bárbara entre a avenida de Mugardos e o Consistorio –tamén agás residentes-, e o tramo da rúa Concepción Arenal comprendido entre o Mazote e a rúa San Antonio –agás residentes-.
A Policía Local fai un chamamento aos condutores procedentes de Chanteiro e Mugardos que vaian en dirección ás cidades de Ferrol ou A Coruña para que utilicen como vía de saída a estrada de Mugardos ou o camiño de Pedrós e que, na medida do posible, non utilicen a saída avenida de Mugardos-Mazote-avenida de Redes, xa que se prevén grandes retencións de tráfico.



ACTUACIÓNS MUSICAIS
Por outra banda, o Concello de Ares, a través da área de Cultura e Turismo, que dirixe a edil socialista Ana Fernández Coira, organiza dous concertos co gallo desta celebración. Esta festividade iníciase o sábado pola noite, e para amenizar a longa velada actuará o grupo de folk Roncarela. A actuación comezará ás 23.00 horas na praza da Constitución –espazo no que se ubica o anterior Consistorio-.
Neste mesmo lugar terá lugar o segundo dos concertos, que neste caso xa será na xornada central, a o domingo 14. The Cruze e Snile son os nomes das formacións musicais que, dende as 19.00 horas, actuarán para os miles de veciños e turistas que este ano, como ven sendo habitual, encherán as rúas de Ares para admirar as vistosas alfombras realizadas con flores.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares