Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 07 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Concellaría de Obras e Servizos de Ares está a recuperar os lavadoiros e fontes do municipio
29 Maio 2009 14:22
A recuperación da vintena de lavadoiros localizados no municipio aresán está a ser un dos obxectivos do actual grupo de goberno que, a través da Concellaría de Obras e Servizos, que dirixe o edil socialista José Ferreiro, está a executar diversas obras de reforma dos mesmos.
Ata o momento, xa se actuou nos lavadoiros de O Cal, Güille e A Torre (os dous primeiros en Chanteiro e o segundo en Cervás), estase a intervir no de Pedrós e a curto prazo levarase a cabo a recuperación dos de Besoxo e Lubre. Así, ata rehabilitar a totalidade dos lavadoiros do concello. O criterio que se está seguir para establecer a orde de actuacións é, segundo explicou o concelleiro de Obras, o uso que se lle da aos lavadoiros –algúns non son utilizados por veciños, mentres que outros si-, agás o de Güille, que se recuperou despois de que co Klaus caera unha árbore sobre a estrutura.
Polo tanto, unha das intervencións fundamentais na rehabilitación dos lavadoiros é, ademais do desbroce perimetral, o selado, saneamento e canalización pertinente das augas para garantir o seu funcionamento.
No de O Cal, ademais, procedeuse á plantación de céspede e recuperación de especies autóctonas existentes no seu entorno.
En canto a Güille, levouse a cabo á retirada da árbore caída no mesmo lavadoiro e doutras tamén derribadas polo Klaus. Tamén desbrozouse a zona e repúxose o tellado.
Finalmente, a Concellaría de Obras rematou a rehabilitación do lavadoiro de A Torre, en Cervás, substituindo o tellado, a maior parte da estrutura de madeira e procedendo ao seu pintado íntegro.
Con estas actuacións, os responsables municipais non só pretenden recuperar parte do importante patrimonio do que dispón este municipio e que data, na maioría dos casos, de principios do século XX, senón tamén dar resposta a unha demanda veciñal de hai xa varios anos e non atendida ata a chegada dos socialistas ao goberno de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares