Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 02 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A Asociación O Tilo traballa xa na decoración das carrozas da cabalgata de Reis
19 Novembro 2007 10:45
A Asociación O Tilo é unha das entidades emplazadas no municipio de Ares que máis está a colaborar co Concello nas actividades que éste promove. De feito, a agrupación cultural amosou a súa implicación na recente celebración da festa do Samaín desenvolvida hai dous sábados no parque Rosalía, decorando tres carrozas para a ocasión que percorreron a vila tanto pola tarde como pola noite.
Co Nadal ás portas, O Tilo prepara diversas actividades que o Concello valora e agradece, xa que, ademais, os recursos, salvo en contadas ocasións, os pon a propia entidade de forma altruista. Así, a asociación está a preparar un grande Belén, que estará concluido o vindeiro mes de decembro –a inauguración está fixada, nun principio, para o día 8- e que será visitado, a iniciativa do goberno local, polos escolares do municipio. O Belén, instalado nun galpón que ten a entidade da Escola de Nenas, mide 7,40 metros de largo e 5,60 de ancho e conta con máis de cen figuras, ademais dunha catarata de catro metros. A entrada será gratuita e só aqueles que quieran poderán deixar un donativo, que será utilizado, segundo explican os membros de O Tilo, para mercar novas figuras.
Tamén traballan, por unha banda, no arranxo do alumeado que eles mesmos fixeron hai tres anos -50 guirnaldas, das que poderán ser utilizadas unhas 45- para colocalo por todas as parroquias de Ares e, por outra, nas carrozas que percorrerán o municipio tanto en Papá Nöel –o día 24 pola tarde- como na cabalgata de Reis –na tarde do día 5 de xaneiro-.
A primeira constará de dúas carrozas, unha cun Belén vivente, que tamén prepararán os integrantes de O Tilo, e outra con Papá Nöel.
A segunda, a de Reis, terá as carrozas con Melchor, Gaspar e Baltasar –os traxes correrán a cargo da Concellaría de Cultura- e, como a outra, a do Belén vivente. As cabalgatas percoerrarán tódalas parroquias do municipio de Ares.
A Asociación O Tilo, presidida por Ángel Bouza Vilar, ten a súa sede na actualidade na Escola de Nenas. Neste sentido, hai que subliñar que o galpón que construiron xunto ao local para poder gardar as carrozas será desmontado, para ocupar próximamente os garaxes situados no mesmo inmoble. Éstes viñan sendo utilizados pola Policía Local e Protección Civil, que agora xa non os empregran, polo que serán habilitados polo Concello para O Tilo. A entidade conta con arredor de 200 socios e foi fundada hai case 40 anos.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares