Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello pretende achegar os libros aos seus veciños creando "Leares", un clube de lectura
19 Maio 2009 09:28
O Concello de Ares, a través da área de Cultura, pretende achegar os libros aos seus veciños e, para iso, nada mellor que a creación dun clube de lectura que, baixo o nome de “Leares”, desenvolverase na biblioteca un día por semana –os xoves- durante hora e media. Esta iniciativa, que foi dada a coñecer esta mañá aos grupos da oposición por parte do equipo de goberno na Comisión Informativa de Cultura, ten como principais obxectivos, segundo explicou a concelleira desta área, Ana Fernández, a promoción da lectura e o desenvolvemento de estratexias de argumentación e lectura razoada e de aproveitamento ao máximo da lectura.
O mínimo de participantes establecido é de dez persoas e o máximo é de vinte. Algunhas das lecturas propostas son “El niño del pijama de rayas”, de John Boyne; “El bosque animado”, de Wenceslao Fernández Flórez; “Balzac y la joven costurera china”, de Dai Sijie”; e “Como agua para chocolate”, de Laura Esquivel, obras todas elas asequibles e amenas para os posibles participantes.

XINCANA LITERARIA DAS LETRAS GALEGAS

Outra das actividades que se abordou na comisión de Cultura desta mañá foi a que esta Concellaría organiza o vindeiro sábado, día 16, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, unha xincana literaria. Os participantes na xincana, que se desenvolverá entre as 11.00 e as 13.00 horas na biblioteca e arredores, traballarán diferentes aspectos da vida do autor homenaxeado este ano, Ramón Piñeiro, e para iso o Concello editou coa editorial Galaxia 90 exemplares do libro “Vida e obra de Ramón Piñeiro”, que se entregarán aos participantes e será unha ferramenta fundamental á hora de resolver as preguntas e probas da actividade.
Os obxectivos desta xincana son o de traballar aspectos da vida do autor, fomentar o traballo en grupo e aprender a traballar con diccionarios e outros traballos manuais para elaborar os seus traballos. Aínda que a actividade está pensada para todos os públicos, os destinarios principais son, principalmente, os nenos e nenas de 6 a 15 anos.
Dentro do programa organizado polo Concello de Ares para conmemorar o Día das Letras Galegas tamén atópase a celebración dunha charla lúdico-pedagóxica que, en colaboración co CPI Conde de Fenosa, terá lugar o vindeiro luns, día 18, no Casino Aresano a partires das 16.30 horas. Brais Fernández será o encargado de impartir esta actividade.
A realización, por parte da Axencia Provincial da Enerxía (Faepac) en colaboración co Instituto Energético Galego (Ingea), dun curso de conducción eficiente, o 20 de maio, e a solicitude á Deputación Provincial de circuitos culturais foron outros dos asuntos tratados esta mañá na Comisión Informativa de Cultura, Educación, Medio Ambiente, Comercio, Industria e Turismo.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares