Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Banco Municipal do Tempo de Ares comeza a súa andaina cun intercambio de repostaría
13 Maio 2009 13:14
O Banco Municipal do Tempo do Concello de Ares comezou a súa andaina, despois de varios meses nos que a responsable desta iniciativa, Natalia Martínez Fernández, levase a cabo as xestións oportunas encamiñadas e publicitalo, promocionalo e organizar as diferentes actividades que ofrecen ou solicitan os usuarios inscritos, ata o momento cinco veciños.
Esta mesma mañá desenvolveuse o primeiro intercambio, que consistíu nunha “clase” de repostaría impartida por unha das usuarias do Banco a outros dous veciños interesados en adquirir coñecementos de cociña. Os tres elaboraron unha tarta de limón con merengue e en vindeiras clases seguirán ampliando a súa técnica na realización de sobremesas grazas á implantación do Banco do Tempo.
Para a próxima semana, tal e como explicou Natalia Martínez, un dos asistentes á actividade desta mañá será o encargado de ceder o seu tempo para ensinar francés e máis adiante tamén está prevista unha clase sobre o manexo do ordenador e o envío de fotografías. En definitiva, do que se trata é de ir intercambiando actividades e de optimizar recursos, sempre de balde, entre os veciños do municipio.
Aínda que os primeiros intercambios xa se definiron, o Banco do Tempo non está pechado nin moito menos, polo que todos aqueles aresáns interesados en ofrecer e demandar algunha actividade –hai que lembrar que o Banco do Tempo non é un servizo de voluntariado, senón que unha das súas premisas principais é que os veciños interesados en formar parte da iniciativa poderán ofrecer o seu tempo sempre e cando estean dispostos a recibir a cambio o tempo de outro-, poderán apuntarse no Consistorio.
De feito, os que se inscriban recibirán dun xeito inmediato cinco horas, que se irán incrementando a medida que se vaian prestando os servizos ofertados e que xestionará a encargada do Banco. Cada vez que alguén utilice o tempo de outro pagará cun talonario, acumulando, deste xeito, horas para o seu gasto polo beneficiario doutra actividade.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares