Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 29 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O CIM organiza obradoiros e charlas dirixidos a mulleres de Ares
06 Maio 2009 10:06
O Centro de Información á Muller (CIM) de Ares está a xestionar e organizar unha serie de obradoiros e charlas para mulleres, na maior parte dos casos, ofertados polo Equipo Comarcal da Oficina I+B de As Pontes (Área de Igualdade). Todas estas actividades se desenvolverán ao longo deste ano e terán carácter gratuito.

Os obradoiros ofertados son o de Risa, cunha duración de seis horas; de Habilidade de Comunicación, doutras seis horas; o de Educación para a Saúde, de dez horas; e o de Autoestima, cunha duración de dez horas.

Ademais da solicitude que se poderá presentar a nivel individual, as actividades anteriormente mencionadas ofértanse tamén ás asociacións de mulleres do municipio. De feito, a psicóloga do CIM xa convocou a unha reunión informativa ás presidentas das entidades de Ares –Asociación de Mulleres Concepción Arenal, Amas de Casa e ANPA Ramón Pimentel-, encontro no que ditas agrupacións amosaron o seu interese na iniciativa.

Por outra banda, poderán solicitarse charlas abertas a todo o público, para o que é preciso chegar a un mínimo de dez inscritos –no caso dos obradoiros o mínimo necesario para formar un grupo é de quince persoas-. A conciliación e corresponsabilidade, a historia non contada das mulleres e a violencia de xénero son os tres temas sobre os que poderán versar as conferencias ofertadas.

A docencia das diferentes actividades correrá a cargo das técnicos de Igualdade da Oficina I+B, mentres que as inscripcións poderán baixarse da web do Concello de Ares - www.concellodeares.com - e logo envialas cubertas a cim@concellodeares.com. A folla individual de solicitude de actividades tamén se poderá cubrir no Banco de Tempo Municipal, en horario de 08.00 a 14.30, ou na Alianza Aresana, de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.00 horas.

Para recibir máis información, as interesadas deberán dirixirse ao Equipo Comarcal de Igualdade de As Pontes, ao teléfono 981 450 556, ao mail aspontes.igualdade@igualdadebenestar.org, ou a través do CIM do Concello de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares