Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 06 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O CEIP Conde de Fenosa acollerá un video forum sobre prevención de violencia de xénero
20 Novembro 2007 10:41
Os alumnos de 4º da ESO do CEIP Conde de Fenosa serán os destinataios dunha das actividades enmarcadas na conmemoración do Día contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 deste mes e que organiza a Concellaría de Servizos Sociais de Ares. Así, o día 22 de novembro, entre as 16.00 e as 17.40 horas, haberá un vídeo-forum sobre prevención da violencia de xénero, no que, xunto co CIM do Concello de Ares, colaborará o gabinete de orientación deste centro escolar. Con esta iniciativa, preténdese, dunha forma dinámica e participativa, traballar a prevención da violencia de xénero, incidindo nos diferentes tipos de violencia: psicolóxica, física, económica e social. Deste modo, os organizadores queren acadar a prevención eficaz, suscitando un debate sobre temas como a corresponsabilidade familiar, roles e xénero, etc.
Outra das actividades que se desenvolverán é un obradoiro de autoestima, que se celebrará o día 27 nas Escolas do Porto entre as 17.00 e as 20.00 horas, e que conta coa subvención do Servizo Galego de Igualdade da Xunta. O curso será impartido pola Asociación Lilith e no mesmo abordaranse diferentes temáticas dende unha perspectiva de xénero, enfocadas cara unha autoafirmación das participantes nos diversos eidos traballados. Neste caso concreto, o tema central é o autocoñecemento a través dos seguintes eixos: coidado propio e alleo, autoimaxe e afirmación.
O número mínimo de asistentes ao obradoiro é de 8/10 persoas, mentres que o máximo de participantes está fixado en 15. As mulleres interesadas en tomar parte do curso deberán formalizar a súa inscripción no departamento de Servizos Sociais do Concello –pranta baixa da Casa Consistorial- ata o día 23.
Para facilitar a asistencia ao taller das mulleres que teñen nenos ao seu cargo, a Concellaría de Servizos Sociais, en colaboración coa área de Educación, porá a disposición das asistentes, con carácter excepcional, un servizo de gardaría, que prestará a ludoteca municipal. Deste xeito, haberá unha coidadora que se encargará dos pequenos mentres as súas nais participan neste obradoiro.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares