Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 21 de Octubre de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesOctubre
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Costas saca hoxe a licitación a actuación integral na fachada marítima de Redes
23 Abril 2009 13:23
A Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar, do Ministerio de Medio Ambiente, publicou hoxe no BOE a resolución pola que se licita a actuación integral na fachada marítima de Redes, que ten un prazo de execución de dez meses.
O orzamento base é de 1.285.164 euros e as empresas interesadas en concurrir ao concurso, que se tramitará pola vía de urxencia, poderán recibir os documentos e a información pertinente ata o día 30 deste mes de abril. En canto á presentación das ofertas, que deberá facerse no rexistro xeral do Ministerio de Medio Ambiente, o prazo remata o 6 de maio ás 14.00 horas.
O proxecto contempla como principais intervencións a creación dun espazo para aparcadoiro de vehículos fora da praza do Pedregal –no mesmo lugar no que se ubica o actual-, que terá 70 prazas; o acondicionamento e ordenación da praza do Pedregal e senda de acceso á batería militar e clube de remo; a demolición e reconstrucción do edificio do Club de Remo nunha finca próxima á anterior ubicación así como o acondicionamento da batería militar; e a construcción de escolleiras en zonas de derrubo da ribada e creación dunha nova rampa de servizo aos usuarios do Club de Remo.
Neste sentido, hai que lembrar que o proxecto foi aprobado por este organismo a mediados de febreiro, dando resposta entón ás alegacións presentadas. Precisamente sobre as reclamacións, que foron desestimadas por cuestións unicamente orzamentarias –nos casos relativos a certas propostas- e co obxectivo de non prolongar máis a tramitación, que leva un retraso dun ano, manifestárase o alcalde de Ares.Así, Julio Iglesias subliñara a necesidade de acurtar na medida do posible os prazos, ao tempo que asegurara que algunhas das alegacións serán retomadas polo goberno local para, unha vez rematada esta intervención, desenvolver unha segunda fase.

OUTRAS INTERVENCIÓNS EN REDES

Por outra banda, o rexedor socialista destacou as numerosas e importantes actuacións que se levaron a cabo en Redes nestes dous últimos anos, ou están a piques de executarse, e que comezaron en outubro de 2007 co recoñecemento á arquitectura e sostenibilidade da vila por parte do Colexio Oficial de Arquitectos. A pavimentación das principais rúas do pobo, cun investimento de 300.000 euros realizada pola Consellería de Presidencia de Méndez Romeu e polo propio Concello de Ares, a próxima redacción dun Plan Especial de Protección e Reforma Interior (Pepri) con vistas a recuperar e por en valor as vivendas de Redes, a propia intervención integral da fachada marítima de Costas ou a vindeira construcción dun sendeiro peonil na estrada 401 entre Ares e Redes por parte da Deputación –mañá mesmo será aprobado o plan que inclúe este proxecto, orzamentado en 541.000 euros-, son algúns exemplos, entre outras obras realizadas, do traballo e xestións realizadas polo goberno local para mellorar e potenciar a vila de Redes.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares