Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 12 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O obradoiro de emprego recupera un punto de observación da batería de A Bailadora oculto durante moitos anos pola maleza
21 Abril 2009 12:43
Os alumnos do Obradoiro de Emprego “Insert@ares” están a recuperar estes días unha zona da batería de A Bailadora ata agora oculta pola grande cantidade de maleza existente. Trátase dun punto de observación, tapado durante moitos anos e agora de novo á vista, grazas ao traballo desenvolvido polos alumnos desta iniciativa subvencionada pola Consellería de Traballo.
O punto de observación está situado uns metros máis abaixo da propia batería –accédese por uns escalóns que tamén van ser recuperados e reparados para garantir a seguridade das persoas que visiten esta zona- e, pola súa función propia, a ubicación estratéxica dalle unhas excelentes vistas da ría de Ferrol e dos seus castelos, así como da zona na que se ubica o porto exterior.
Os traballos levados a cabo ata o momento consistiron no desbroce de todo o acceso e, unha vez “limpa” a zona de maleza, procederase ao acondicionamento dos escalóns e do interior do punto de observación. Esta actuación, pois, completa a desenvolvida nestes meses na batería militar de A Bailadora, que foi obxecto dunha serie de obras, como a limpeza das pedras, o desbroce de todo o entorno ou a construcción de muros perimetrais para evitar a entrada de terras no recinto.
Outra das intervencións que están realizando os alumnos de albanelaría e xardinaría de “Insert@res” é a recuperación da fonte e lavadoiro do Cal, que data dos anos 50 e en cuestión de días vai quedar totalmente disposto para a súa utilización por parte dos veciños desta zona de Cervás.
Os traballos, neste caso, foron en dúas liñas; a primeira, a actuación nunha fonte de pedra situada a uns metros do lavadoiro, que foi limpada e acondicionada, coa colocación das pedras que faltaban. En canto ao lavadoiro en sí mesmo, foi obxecto de diferentes traballos, tanto nos tubos da auga que o nutren como na propia estructura.
Esta actuación será completada coa limpeza da vexetación, retirando a totalidade da maleza da zona –unha parte xa está executada-, e potenciando as especies autóctonas existentes.
Pero, ademais, en vindeiros días levarase a cabo a recuperación do que foi o lavadoiro orixinal, redescuberto durante estes traballos e situado tamén a escasos metros da fonte. Trátase dunhas pedras utilizadas polos aresáns como lavadoiro hai varios séculos –non se descarta unha orixe medieval-, que agora serán postas en valor polos 25 alumnos do obradoiro de emprego, que seguen a traballar no mosteiro de Santa Catalina e nos traballos de reposición do firme do paseo marítimo, a piques de rematar.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares