Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 26 de Maio de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesMaio
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
LETRAS GALEGAS 2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os alcaldes de Ares, Fene e Mugardos acordan a posta a disposición da Xunta dos terreos para a EDAR
20 Novembro 2007 10:38
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, mantivo esta mañá dúas reunións cos rexedores de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, primeiro, e Fene, Iván Puentes, máis tarde, para falar sobre a EDAR. O primeiro dos encontros tivo lugar en Mugardos ás nove da mañá e a segunda, xa en Ares, á unha. Nas reunións abordouse unha cuestión fundamental para a execución das obras de estación depuradora de augas residuais da zona norte da ría de Ares e sur da de Ferrol: a posta a disposición da Xunta dos terreos necesarios para poder levar a cabo os traballos e que éstes poidan comezar en verán do vindeiro ano. Este trámite conleva a expropiación de case 1.000 parcelas repartidas polos tres municipios, aínda que a maior parte –unhas 660- pertencen a Ares, xa que é o concello no que se ubicará a estación depuradora.
Estes gastos correrán a cargo dos tres concellos, que acordaron repartilo en proporción ao número de habitantes de cada un, quedando a porcentaxe da seguinte forma: Fene o 60%, Mugardos o 20% e Ares o 20% restante.
O convenio que regulará todas estas cuestións será asinado polos alcaldes destes municipios nun acto que terá lugar o vindeiro venres, día 23 de novembro, ás 11.30 horas na Casa Consitorial de Ares. Ademais da sinatura, os rexedores comparecerán ante os medios para explicar o contido do documento que compromete ás tres administracións locais a entregar os terreos nun prazo máximo de oito ou nove meses e a consignar a partida orzamentaria necesaria para a súa expropiación.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares