Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Xoves 19 de Setembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesSetembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
ARES DESDE O MAR NAVEGA CONNOSCO

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

VeraneAres 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno local di que o PP amosa a súa cara máis reaccionaria e machista coa súa opinión sobre a escultura da praza da Igrexa
17 Abril 2009 11:17
O goberno socialista de Ares considera que as manifestacións realizadas polo PP de Ares, afirmando que o modelo de muller aresá é o de “una mujer casada o viuda, con tres o cuatro hijos”, amosa unha visión machista é retrógrada do que foi e é a muller deste municipio. Para os responsables locais, Hermelinda, unha persoa humilde e adicada a repartir periódicos polas rúas para poder subsistir, non debe ser cuestionada por ninguén e menos por non cumprir os “requisitos” da formación política conservadora.
Como subliñan dende o grupo de goberno de Ares, a intención desta escultura de Miguel Souto non era a de establecer un prototipo de muller aresá –que, como en calquera municipio, é moi diversa-, senón a de personalizar en Hermelinda os valores das xentes deste concello, como son o traballo e a humildade, deixando a un lado estereotipos doutra índole e que poden levar a situacións de clasismo. Neste sentido, lembraron que recentemente, co gallo da celebración do Día da Muller Traballadora, fíxose unha homenaxe á muller traballadora nas fábricas de salazón e, así mesmo, destacaron que o barco donado por Antonio Bonome e que está instalado á entrada da vila simboliza o traballo das xentes de Ares no mar ao longo de moitísimos anos.
Polo tanto, afirman os responsables locais, os “populares” son os menos capacitados para facer “recomendacións” sobre a temática da escultura, sobre todo porque nos seus mandatos non se caracterizaron precisamente por favorecer aos máis desfavorecidos.
Finalmente, o goberno de Ares considera que estas declaracións recordan ao Manuel Cendán de 2005, cando no momento da aprobación da lei que legalizaba as unións de parellas homosexuais poñía como exemplo do correcto comportamento social e moral das familias o dun niño de paxariños no que “la hembra cuidaba los huevos y el macho iba y venía trayendo la comida”. “Ao mellor, o PP prefería unha escultura con esta imaxe de paxaros, máis representativa, sen dúbida algunha, do concepto que ten o seu portavoz sobre a muller e o rol que debe ter na familia e a sociedade”, aseguraron dende o equipo de goberno de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares