Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Miercoles 13 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
A caseta de turismo rexistrou nunha semana sesenta consultas de persoas de toda España
14 Abril 2009 14:14
A caseta de turismo de Ares rexistrou unhas 60 visitas durante os sete días nos que estivo aberta ao público en Semana Santa, o que supón unha media de máis de oito consultas por xornada. O mal tempo que caracterizou estas datas festivas foi clave á hora de incidir no turismo, aínda que foron centos os turistas que se achegaron a esta vila para participar nun dos municipios da comarca nos que a Semana Santa é máis destacada e vistosa. De feito, o Domingo de Resurrección, Día do Bolo en Lubre, foi a xornada na que Ares rexistrou un maior número de consultas na oficina, con 12.
Con respecto ao verán do pasado ano –primeiro no que se puxo en marcha este servizo, enmarcado dentro do Plan de Dinamización Turística da Deputación-, a media de consultas foi moi similar, xa que entón foi de 10-11 consultas diarias.
Con respecto ás orixes dos turistas que se achegaron á caseta para realizar algunha consulta, cabe reseñar a presenza de vascos e, sobre todo, de casteláns-leoneses, o que confirma de novo o éxito da campaña de turismo promovida hai varios meses polo Concello en León e Ponferrada. Tamén houbo consultas de turistas extranxeiros, fundamentalmente chegados de Italia e Estados Unidos. Un feito que destaca é a xuventude de moitos dos visitantes destes días, xa que moitos non superaban os vinte anos; de media, a idade dos turistas foi de 25-30 anos.
A caseta de turismo, ubicada no parque municipal Rosalía de Castro, estivo aberta ao público entre o martes 7 e o domingo 12 –o luns 13 non foi festivo en Ares-, en horario de once a dúas, pola mañá, e de cinco a oito, pola tarde. A mesma persoa que atendeu a oficina durante os meses de verán foi a encargada de facelo de novo agora.


Biciclet@res

Coincidindo coa Semana Santa, tamén se puxo en funcionamento o servizo de aluguer de bicicletas, Biciclet@ares, aínda que a súa posta en marcha está sendo progresiva. De feito, a Alianza Aresana, o primeiro dos lugares habilitados para esta cuestión, abríu o martes e mércores da pasada semana –os festivos non- e nestas dúas primeiras xornadas o número de alugueres foi de oito, cinco o martes e tres o mércores –día na que a meteoroloxía non axudou precisamente para o desenvolvemento de actividades ao aire libre-.
Esta mesma semana, e unha vez que o Náutico tamén está funcionando como punto de aluguer, quedarán habilitados, como xa ocorreu o pasado ano, os centros sociais de Cervás, Chanteiro e Redes. Así as cousas, esta fin de semana o servizo estará operativo en cinco puntos do municipio.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares