Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Sábado 29 de Febreiro de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesFebreiro
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello amplía durante un mes e medio máis a campaña de promoción de Ares en Castela-León
24 Marzo 2009 13:16
A campaña realizada polo Concello de Ares dende o pasado mes de decembro nas localidades castelás de León e Ponferrada para promocionar o municipio será prorrogada por un mes e medio máis. Para este fin, a administración local destinou unha partida de 5.000 euros, que engadirase á de 12.000 euros aportada anteriormente pola Consellería de Traballo para o desenvolvemento de dita campaña turística. Ademais da instalación de carteis en buses e mupis, elaboraranse trípticos e carteis en formato A5 para a súa distribución nestas cidades, así como en diversas localidades galegas e oficinas de turismo.
A efectividade desta campaña púxose de manifesto precisamente nestes últimos días. Deste xeito, constatouse que foron moitos os turistas chegados dende Castela-León durante a ponte de San Xosé, unha circunstancia que fai que o goberno local siga incidindo en iniciativas como esta que, baixo o lema “Vive Ares…unha Galicia por descubrir”, trata de trasladar ao público o concepto de paisaxe, praias e calidade de vida deste concello.
A campaña lévase a cabo fundamentalmente en León e Ponferrada porque así o aconsellaban os estudos de mercado realizados ao respecto. Neste sentido, se trata de localidades situadas xeograficamente nunha zona accesible –na actualidade, as comunicacións ata Ares son moi boas- e que, ademais, se decantan nunha alta porcentaxe por viaxar a Galicia ou Asturias, circunstancia favorable para a posta en marcha de dita campaña.
Dirixida a un target medio alto economicamente, “Vive Ares…unha Galicia por descubrir” quere chegar a xente que busque paz e tranquilidade para as súas fins de semana e vacacións, así como para fixar a súa segunda residencia.
Para potenciar aínda máis a campaña, o Concello está a repartir entre os veciños e visitantes un total de 3.000 adhesivos para os vehículos, a metade co lema “Arestora” e a outra metade co de “Vive Ares”. O obxectivo non é outro que o de levar a imaxe de Ares por todas as estradas e localidades do mundo e, deste xeito, incrementar un sector xa moi importante na vila, pero ata o de agora moi focalizado nos meses de verán, nos que o municipio chega a triplicar a súa poboación.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares