O curso de manipulación de alimentos que organiza o Concello terá lugar o día 17 na Alianza Aresana
06 Marzo 2009 13:44O curso de manipulación de alimentos organizado polo Concello de Ares e que será impartido por Sanea, entidade autorizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública, terá lugar o vindeiro 17.
Ata o momento, xa hai 19 personas inscritas, aínda que dende o Concello informan de que os que queiran realizalo están a tempo de solicitar máis información sobre o mesmo ou formalizar as súas inscripcións chamando ao número de teléfono 981 468102 ou no propio Consistorio.
O curso polo que se expide ou renova o carné de manipulador de alimentos terá unha duración de tres horas e os interesados en apuntarse deberán entregar unha foto, a fotocopia do DNI e 25 euros.
Este curso vai dirixido fundamentalmente a aquelas persoas que, pola súa actividade laboral, interveñen nalgunha das fases polas que pasa o alimento dende que se recepciona ata o seu servizo ao consumidor (preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, transporte, distribución, manipulación, venta, subministro e servizo).