Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Costas aproba con carácter definitivo o proxecto da actuación integral da fachada marítima de Redes
13 Febreiro 2009 14:42
A Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar, dependente da Demarcación de Costas en Galicia (Ministerio de Medio Ambiente), vén de remitir ao Concello de Ares a resolución de 30 de xaneiro deste ano pola que se aproba con carácter definitivo o proxecto de “Actuación integral da fachada marítima de Redes”.
Unha vez solventado este trámite, co que se da resposta ás alegacións presentadas a dito proxecto, iniciarase o proceso licitatorio, que correrá a cargo da Demarcación de Costas. E é que é este organismo do Ministerio de Medio Ambiente o que financia esta actuación. Precisamente sobre as reclamacións, que foron desestimadas por cuestións unicamente orzamentarias –nos casos relativos a certas propostas- e co obxectivo de non prolongar máis a tramitación, que leva un retraso dun ano, manifestouse o alcalde de Ares. Nesta liña, Julio Iglesias subliñou a necesidade de acurtar na medida do posible os prazos, ao tempo que asegurou que algunhas das alegacións serán retomadas polo goberno local para, unha vez rematada esta intervención, desenvolver unha segunda fase.
En concreto, o rexedor socialista mencionou algunha das propostas realizadas no período de exposición pública, como a relativa á mellora dunha rampa de acceso ao Clube de Remo.
O proxecto, que conta cun orzamento de licitación de 1.285.164,64 euros e un prazo de execución de dez meses, contempla como principais intervencións a creación dun espazo para aparcadoiro de vehículos fora da praza do Pedregal –no mesmo lugar no que se ubica o actual-, que terá 70 prazas; o acondicionamento e ordenación da praza do Pedregal e senda de acceso á batería militar e clube de remo; a demolición e reconstrucción do edificio do Club de Remo nunha finca próxima á anterior ubicación así como o acondicionamento da batería militar; e a construcción de escolleras en zonas de derrubo da ribada e creación dunha nova rampa de servizo aos usuarios do Club de Remo.
Finalmente, Iglesias destacou a importante transformación e potenciación que está a experimentar Redes dende o último ano e medio, coa pavimentación, xa rematada, das principais rúas do casco urbán da vila grazas á subvención de Presidencia e á aportación municipal (300.000 euros en total) e, agora, coa actuación integral na súa fachada marítima, entre outras actuacións realizadas e proxectos previstos tanto por parte do Concello como do resto de administracións.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares