Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Luns 18 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O Concello incorpórase de forma efectiva á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
30 Xaneiro 2009 13:57
O Concello de Ares formalizou a súa incorporación á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia (APLU), unha vez que esta mesma mañá o alcalde accidental, Francisco García Prego –Julio Iglesias atópase en Fitur-, asinou en Santiago de Compostela o convenio de colaboración co presidente da APLU, Hipólito Pérez Novo. O acto, no que participaron un total de 18 Concellos de Galicia, estivo presidido pola conselleira de Política Territorial, María José Caride.
Con esta sinatura ponse fin a unha tramitación que comezou coa aprobación unánime por parte do pleno da corporación á proposta de adhesión do Concello a dito organismo, concretamente na sesión celebrada o pasado 27 de novembro. Ese mesmo día, o Consello da Xunta daba o visto bo ao convenio entre a APLU e a Administración Local aresá para incorporación deste Concello a dito órgano consorciado encargado de velar pola utilización racional do solo de conformidade coa normativa urbanística e de protección do litoral.
A adhesión á APLU é unha decisión voluntaria dos Concellos e que debe ser ratificada polo pleno, como aconteceu no caso de Ares. Unha vez adherido á Axencia, o Concello delegará en dito órgano as súas competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalide urbanística respecto das obras e usos do solo que se realicen en solo rústico e urbanizable mentres non sexa aprobado o correspondente planeamento urbanístico, así como no ámbito dos núcleos rurais delimitados. En canto aos ingresos obtidos por multas coercitivas e sancións administrativas impostas no exercicio das competencias delegadas, serán repartidos a partes iguais -50% para a Administración autonómica e 50% para as arcas municipais-.
Na actualidade son 29 os Concellos incorporados á APLU.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares