Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 22 de Novembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesNovembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitación Electrónica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno de Ares acusa ao PP de actuar con doble moral no caso do CPI Conde de Fenosa
29 Xaneiro 2009 15:27
O goberno local de Ares, despois de ter constancia do reparto entre as nais e pais do alumnos do CPI Conde de Fenosa dunhas notas informativas sen asinar e do comunicado de prensa feito público polo PP acusando ao alcalde de non actuar no problema xurdido cun goteo de gasoil nunha aula do centro escolar, quere realizar unha serie de puntualizacións.
En primero lugar, o alcalde, Julio Iglesias, informa de que onte pola mañá recibíu a un grupo de nais de nenos e nenas do colexio, que lle expuxeron o problema acontecido no centro e lle pediron que se encargase persoalmente da súa supervisión, extremo ao que se comprometeu o rexedor. Ademais, Iglesias quedou con estas nais en poñerse de novo en contacto con elas unha vez que contara coa información e os datos suficientes ao respecto. Así as cousas, o alcalde, acompañado por concelleiros do grupo de goberno, realizaron unha visita –na mesma mañá de onte- ao centro escolar, donde, ademais de comprobar in situ o que é un goteo de gasoil e non un derrame, mantiveron unha reunión co seu director.
O goberno local, que quere deixar claro que entende e comparte a preocupación das nais e pais do centro escolar, fai un chamamento ás familias para que non se alarmen mentres que non haxa datos concretos. De feito, a Consellería de Educación, que é a que ten competencias na materia, está levando a cabo, en coordinación co centro, as medidas pertinentes para estes casos. Así, o protocolo de seguridade está activado e profesionais da Mutua Gallega traballan dende que se detectou o goteo de gasoil na aula na realización das medicións e dos traballos oportunos para coñecer dun xeito concreto e veraz o problema e solventar a situación.
Con respecto ao PP, os responsables locais consideran que os populares están a utilizar unha “doble moral”, xa que o portavoz deste grupo, Manuel Cendán, actuou dun xeito totalmente alarmista coas nais coas que di que se reuníu, e mesmo redactando unha nota de prensa chea de acusacións totalmente falsas, semella que para acadar un puñado de votos e desacreditar ao grupo de goberno, mentres que na sesión plenaria desta mañá unicamente se limitou a preguntar pola situación, aceptando sen facer réplica algunha as explicacións aportadas polo alcalde. A este respecto, o rexedor pon a disposición dos veciños que queiran a gravación das intervencións de Cendán e de sí mesmo para que poidan constatar os feitos dos que agora se están informando.
Ante esta situación, o goberno local insta ao PP a que pense na situación na que se atopaba o colexio durante os seus mandatos e na que está na actualidade e pide aos conservadores que non utilicen un problema como este para alarmar aos pais e nais dos alumnos do centro escolar e, de paso, facer campaña electoral.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares