Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Martes 02 de xuño de 2020
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesxuño
2020
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
O goberno afirma que os feitos confirman que é o BNG o que se nega ao diálogo dende o principio do mandato
19 Xaneiro 2009 10:46
O goberno local de Ares asegura, con respecto ás declaracións realizadas polo BNG deste municipio acusando ao alcalde, Julio Iglesias, de incapacidade de diálogo e de victimismo, que son precisamente os nacionalistas aresáns os que ao longo deste ano e medio de mandato os que sempre pecharon as portas a unha posible negociación de asuntos vitais para o desenvolvemento do concello.
Para soster esta afirmación, os responsables municipais lembran as constantes negativas ou abstencións do BNG a asuntos tales como a cesión de terreos para a construcción de galescola e o centro de día; a modificación de crédito necesaria para facer o parque infantil de As Mirandas, a adquisición da Casa de Nenas, a pavimentación das rúas de Redes, o soterramento de contenedores, o alumeado de varias rúas da vila ou o alumeado do campo de fútbol; a aportación para a compra de vehículos para a Policía Local e Protección Civil; as ordenanzas sobre vandalismo e tenencia de animais de compañía; a remisión de información a Costas para seguir tramitando a actuación integral na fachada marítima de Redes ou a creación do grupo municipal de Protección Civil, así como o orzamento de 2008, entre outros asuntos.
En canto ao documento económico de 2009 que o xoves foi sometido en pleno á votación dos grupos da corporación, o goberno de Ares reitera que o borrador foi entregado aos grupos –PP, BNG e NAL- hai máis de dúas semanas e que o alcalde mantivo conversacións cos voceiros de todos eles co obxectivo de chegar a un acordo que lle dese a maioría necesaria no pleno. O rexedor, neste sentido, subliña que nin NAL nin BNG realizaron proposta algunha con respecto ao orzamento, senón que manifestaron a súa intención de reservarse para o pleno. “Esta negativa indica claramente a falta de vontade dos dous de iniciar unha negociación”, apuntan dende o gobernó, engadindo que xa na primeira intervención dos voceiros e sen que o grupo de gobernó realizara explicación algunha, tanto un como o outro anunciaron o seu voto en contra.
“Non é de recibo dicir que se vai votar que non a uns orzamentos en contra e despois, cando se ve que non están pactados con ninguén, dar marcha atrás e pedir que queden sobre a mesa para negocialos”, afirman os responsables aresáns, que señalan que “o BNG carece de responsabilidade política por pedir algo publicamente cando en privado xa se negara con antelación”.
En canto ás críticas procedentes do PP, o grupo de gobernó lembra á formación conservadora que nas negociacións previas non houbo crítica algunha ao contido das contas, e moito menos á operación de préstamo de 450.000 euros, senón que o voceiro “popular” únicamente pedíu a inclusión de dos puntos imposibles de conceder por parte dos responsables locais. En todo caso, os socialistas explican que a operación de préstamo é moi necesaria para poder facer fronte á compra de parcelas obxecto de actuacións urxentes para o municipio –como a ampliación do colexio Conde de Fenosa ou a ampliación do paseo marítimo a Seselle, entre outras- e que, en todo caso e contestando tamén ao que di o PP, nunca poderían incluirse no Fondo Estatal de Investimento Local porque non son obras senón unicamente compra de terreos para a posterior execución de diferentes intervencións –algunhas, como as citadas, executadas por outras administracións, como a Consellería de Educación ou Costas-.
Aínda así, e reiterando o mesmo que manifestou o alcalde despois do pleno extraordinario do pasado xoves, o grupo de goberno tentará de novo negociar os orzamentos, agardando, iso si, que os grupos que están critando a labor dos responsables municipais, realicen aportacións a un documento que xa de por si ten unha grande importancia, pero que este ano de crise profunda adquire, aínda máis se cabe, unha trascendencia maior.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares