Banner portadaEscudo De Ares
imagen tel |Ir A Principal|Contacto

Logotipo Ares


Ares, Venres 13 de Decembro de 2019
Galego|Español|English
O ALCALDE RESPONDE

Pregúntelle ao Alcalde
CÁMARA WEB
WebCam Concello
CALENDARIO
añomesDecembro
2019
mesaño
LuMaMiXoVeSaDo
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Calendario escolas MunicipaisEscolas Municipais
SEDE DIGITAL
Sede Digital

Licitacin Electrnica

Perfil Contratante

Ares Digital

Tempo CPI Conde de Fenosa
Alcalde Julio Iglesias
Saúdo do Alcalde
Julio Ignacio Iglesias Redondo
NADAL EN ARES 2019/2020

III CONCURSO FOTOGRAFIA XUVENIL 2019

Vive Ares 2018

Actividades culturais

Actividades Deportivas

III PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DO CONCELLO DE ARES

PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES

APROBACIÓN PROVISIONAL PXOM 2017

APROBACIÓN INICIAL PXOM 2014

Contratación Persoal

Animais Abandonados

Policí Local

Protección civil

Trámites frecuentes

Zona Reciclaxe

Wi-fi Gratis

Aloxamentos e restaurantes


Noticias
Notas de prensa
Os portavoces acordan constituirse en comisión de seguimento para a redacción do novo PXOM
09 Xaneiro 2008 13:52
A Xunta de Portavoces vén de adoptar unha serie de medidas perante a sentenza do Tribunal Supremo pola que se desestimou o recurso de casación presentado polo Concello de Ares contra a resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulaba o Plan Xeral de Ordenación Municipal do ano 1999.
Convocados polo alcalde, Julio Iglesias, para afrontar esta situación, os portavoces acordaron a posta en marcha dunha serie de medidas:
- Por unha banda, o Concello proseguirá coa vía xudicial, é dicir, presentando o incidente de nulidade de actuacións e, no caso de que non fose estimado, interpoñendo un recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional. A finalidade destes recursos que aínda restan non é outra que a de acadar a suspensión da sentenza.
- Paralelamente, o Concello, a través do seu rexedor, iniciará contactos coa Consellería de Política Territorial (Dirección Xeral de Urbanismo) para a redacción e aprobación dunha serie de normas subsidiarias adaptadas á nova Lei do Solo. Éstas serán as que se apliquen ata a redacción e aprobación do novo planeamento urbanístico municipal.
- Precisamente para facer o novo PXOM de Ares, a Xunta de Portavoces constituirase en Comisión de Seguimento de dito planeamento, que se reunirá con periodicidade mensual e que se encargará de redactar o plan cos equipos técnicos. Como explicou Julio Iglesias, o PXOM incorporará os traballos que realizará o COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia) relativos aos plans e medidas rehabilitadoras en Redes e Ares. Neste sentido, cabe destacar que o Concello asinará cos arquitectos un convenio que recollerá estes traballos que a delegación coruñesa do COAG ofreceu a raíz da celebración do Día Mundial da Arquitectura en Redes o pasado mes de outubro.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal, que recibira o informe favorable da Xunta no seu momento e fora aprobado polo pleno do Concello en 1999, foi impugnado por unha agrupación de veciños, na actualidade xa disolta, alegando que o PXOM non se axustaba á legalidade nunha cuestión relativa a viais e ao estándar de zonas verdes por habitante –aspecto este último que si se cumplía, como se demostrou despois, aínda que non se poido incluir no proceso xudicial-.

COMPROMISO E CONSENSO

O alcalde subliñou o compromiso de tódolos grupos municipais e dos seus portavoces, que entenderon a situación xenerada pola sentenza do Tribunal Supremo e entre todos chegaron a estes acordos, de grande importancia para o presente e futuro do urbanismo do municipio de Ares.
Icono de conformidad con el Nivel Doble–A de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0| XHTML 1.0 Transitional Válido| ¡CSS Válido!|Rss Concello Ares